As cotizacións dos galegos xa só cobren o 25% das pensións. O custo das prestacións crece en tres meses no país un 3%, até os 1.566 millóns.
Fálase
Uxia, Carlos Meixide, Alonso Caxade, Elisa Rodríguez, Jakson Rodrigues... Persoas de orixes diversas, de intereses múltiples, de varias xeracións e de fala compartida. Plurais, como as letras que este 17 de maio celebramos neste vídeo
Este mércores comeza a XIII edición do Festival de Cans, que chegará ata o sábado. A primeira xornada será, un ano máis, o Día dos Veciños e Veciñas, con actividades protagonizadas e dirixidas á xente de Cans
José Luis Méndez Romeu fai un chamamento á "unidade" do PSdeG-PSOE e advirte de que as primarias poden “afondar na división"
#DíaDasLetrasGalegas Feijóo evoca as "tertulias" nas que participou Manuel María e subliña no acto institucional do 17 de maio que "ninguén" no país "é alleo" ao idioma. Máis información, hoxe en Praza.
Dende as 12 desenvólvese en Santiago a manifestación de Queremos Galego co gallo do Día das Letras, desta volta co lema O idioma é a vida. Toda a información, hoxe en Praza. Consulta aquí todos os actos deste 17 de maio.
VÍDEO 'A selección invencible': A TVG percorre a historia da seleccción galega nunha ampla reportaxe ás portas do seu retorno, o vindeiro venres ante Venezuela
Pedro Sánchez pide en Vigo apoio para o PSOE e augura gobernos "de cambio" en España e en Galicia
O Racing de Ferrol enfrontarase ao Cádiz na primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División. O Boiro enfrontarse ao Caudal de Mires por unha praza en 2ªB. O Cerceda xogará contra o Villaralbo, o Fabril contra El Palmar e o Choco ante o Badajoz.
Francisco Jorquera compartirá a portavocía do BNG no Parlamento con Ana Pontón, voceira nacional e candidata á Xunta, que será quen formule as preguntas ao presidente ata o remate da lexislatura. Véñeno de anunciar en rolda de prensa.