Francisco Jorquera compartirá a portavocía do BNG no Parlamento con Ana Pontón, voceira nacional e candidata á Xunta, que será quen formule as preguntas ao presidente ata o remate da lexislatura. Véñeno de anunciar en rolda de prensa.
Fálase
Unidos Podemos superaría en catro puntos o PSOE e o PP aumentaría o seu apoio nas eleccións xerais, segundo unha sondaxe de El Español. A coalición de esquerda sacaríalle dez escanos aos socialistas.
Dous feridos en Ourense logo dun tiroteo ás portas do CHUO. A policía busca cinco sospeitosos.
Galicia compensou coas pensións máis da metade da caída de salarios na crise. As prestacións aumentaron entre 2008 e 2014 en 1.760 millóns e os soldos caeron 3.000 millóns.
Ciudadanos prescinde do seu deputado pola Coruña, que ve "unha burla á democracia" a decisión da dirección. O novo número un para o 26-X será o ex líder de UPyD en Galicia, que substitúe a Antonio Rodríguez, que creara polémica por algunha declaración pública na pasada campaña.
Bruxelas intenta que os EUA recoñeza no TTIP 25 produtos españois protexidos, entre eles o queixo de tetilla. A Comisión Europea loita contra a resistencia de Washington ás denominacións de orixe.
O cerco galego volveu pedir "vivir do traballo dignamente" e advirte que os portos "non van vivir de clubs náuticos".
O Racing de Ferrol cae en Astorga (2-1) e perde o liderado na 2ªB no último partido. O Racing de Santander remata finalmente como líder do grupo primeiro. En 2ª, o Lugo caeu ante a Ponferradina.
A asemblea do PSOE de Ferrol acorda continuar co goberno bipartito. Rexeita modificacións "por imposición" e opóñense á adxudicación do contrato de mantemento e subministro eléctrico.