O presidente da xestora do PSOE, Javier Fernández, carga contra Pedro Sánchez, sinalando que "democratizar o partido non é convertelo nunha asemblea permanente" e afirmando que o PSOE "non debe ser unha plataforma ao servizo dun líder"
Fálase
Podemos Galicia crea unha "comisión de consensos" integrada tanto polo sector oficial coma polo sector crítico do seu Consello Autonómico. A pasada semana a metade máis un dos integrantes do máximo órgano de dirección reuníronse sen a presenza de Carmen Santos e aprobaron cambios na Executiva da formación
A Coruña e Santiago acollen esta mañá novos encontros de rendición de contas nos barrios dos seus respectivos gobernos municipais. O Dillo ti herculino celébrase na Sagrada Familia e o Ao Vivo compostelán na zona Rural Norte
Unhas 2.400 persoas inscribíronse para participar na XVI Asemblea Nacional do BNG, que se celebra este sábado e domingo na Coruña. A apertura do plenario está prevista para as 17 horas, dando paso aos discursos de Francisco Jorquera e Ana Pontón. Ás 17.30 presentarase o Informe do Consello Nacional. E ás 18 horas comezará o debate de emendas en comisións.
A Inspección de Traballo, que este venres iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección da empresa para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais
Trump cancela a votación para suprimir o Obamacare ante unha derrota segura na cámara de representantes. O presidente norteamericano renuncia de momento á reforma do sistema sanitario.
A UE celebra este sábado en Roma o seu 60 aniversario cun debate aberto sobre o seu futuro. Na capital italiana varias mobilizacións pedirán unha Europa máis social e democrática, fronte ao actual proceso de construción
As pensións dos actuais conselleiros do Ibex dispáranse un 18% e suman 382 millóns. Entre vogais actuais e ex membros dos consellos, o importe acumulado para xubilacións supera os 630 millóns de euros
A Audiencia Nacional critícalle á Garda Civil os seus métodos de investigación en Twitter. O tribunal tamén discrepa da Fiscalía na súa teima por sentar no banco dos acusados os autores de certos comentarios nesta rede social
A Deputación de Pontevedra anuncia que vai cortar os máis de 300 eucaliptos que arrodean o Castelo de Soutomaior. "Esta especie invasora é una lacra para a natureza da nosa provincia", afirmou este venres a presidenta da institución, Carmela Silva. Os traballos comezarán a semana que vén.