Trump cancela a votación para suprimir o Obamacare ante unha derrota segura na cámara de representantes. O presidente norteamericano renuncia de momento á reforma do sistema sanitario.
Fálase
A UE celebra este sábado en Roma o seu 60 aniversario cun debate aberto sobre o seu futuro. Na capital italiana varias mobilizacións pedirán unha Europa máis social e democrática, fronte ao actual proceso de construción
As pensións dos actuais conselleiros do Ibex dispáranse un 18% e suman 382 millóns. Entre vogais actuais e ex membros dos consellos, o importe acumulado para xubilacións supera os 630 millóns de euros
A Audiencia Nacional critícalle á Garda Civil os seus métodos de investigación en Twitter. O tribunal tamén discrepa da Fiscalía na súa teima por sentar no banco dos acusados os autores de certos comentarios nesta rede social
A Deputación de Pontevedra anuncia que vai cortar os máis de 300 eucaliptos que arrodean o Castelo de Soutomaior. "Esta especie invasora é una lacra para a natureza da nosa provincia", afirmou este venres a presidenta da institución, Carmela Silva. Os traballos comezarán a semana que vén.
O xuíz de Angrois non accede a suspender declaración como investigado por homicidio do ex-xefe de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, mentres se resolve o seu recurso. O instrutor da causa vén de facer chegar ás partes tanto o recurso de Cortabitarte como o de Adif, que tamén se opón á imputación.
O Consello de Ministros autoriza o goberno de Silleda a celebrar unha consulta popular sobre o traslado da casa do Concello. A veciñanza terá que decidir se desexa ubicar os servizos municipais no actual edificio da Casa da Cultura, onde o consistorio desenvolve boa parte da súa actividade. Diversos municipios galegos e doutros puntos do Estado celebraron antes outros 'referendos' sobre temas locais.
Os colexios privados concertados Montecastelo e As Acacias, que segregan alumnado por razón de sexo, serán galardoados como Vigueses Distinguidos, unha distinción aprobada cos votos de PSOE e PP, co rexeitamento no pleno da Marea de Vigo e as críticas de CIG ou BNG. É a primeira vez que se racha o consenso á hora de presentar propostas para este recoñecemento. A Marea tamén se opuxo a outro dos homenaxeados, o empresario José Silveira, propietario de Povisa.
José Manuel Sande, concelleiro de Culturas da Coruña, investigado (a antiga imputación) por un presunto delicto de "ofensa aos sentimentos relixiosos" polo cartel do entroido no que aparecía o debuxo dunha persoa disfrazada de Papa. A denuncia foi presentada pola Asociación de Viúvas de Lugo, que lle esixe ao edil que pida "desculpas" e que quere que isto lle sirva de "escarmento". Consulta aquí toda a información
Este venres e sábado celébranse na Coruña as xornadas Municipios cara á igualdade: políticas transformativas para a igualdade de xénero, que reúnen persoal das áreas de Igualdade de Barcelona, Madrid, Valencia, Compostela, Fuenlabrada, Pamplona, Vitoria-Gasteiz ou Castellón, ademais da cidade herculina.