Este venres e sábado celébranse na Coruña as xornadas Municipios cara á igualdade: políticas transformativas para a igualdade de xénero, que reúnen persoal das áreas de Igualdade de Barcelona, Madrid, Valencia, Compostela, Fuenlabrada, Pamplona, Vitoria-Gasteiz ou Castellón, ademais da cidade herculina.
Fálase
15 dos 18 autores dos atentados yihadistas que tiveron lugar desde 2015 en Europa naceron ou criáronse en países da UE, como volveu suceder esta semana en Londres.
Javier Escribano competirá con Beatriz Mato pola presidencia local do PP na Coruña. Escribano, que foi presidente de Novas Xeracións, presentárase tamén contra Diego Calvo no último congreso provincial, aínda que finalmente retirou a súa candidatura
A decisión de Francisco Correa de gardar agora silencio sobre a caixa B do PP abre o risco dun peche en falso do proceso contra o partido por financiamento ilegal. Tras mes e medio en prisión, Correa cala sobre os mesmos feitos que confesou en outubro.
Mulleres hispanas deixan de denunciar agresións sexuais nos Estados Unidos por medo a ser deportadas. O número de denuncias en Los Ángeles no que vai de ano caeu un 25%
Unha multitude despide o histórico dirixente do Sinn Féin Martin McGuinness no seu funeral en Derry (Irlanda do Norte). Diversos mandatarios recoñeceron o falecido líder repúblicano como un dos artífices do proceso de paz norirlandés. (imaxe: Sinn Féin)
Este inverno choveu en Galicia un 36% menos do "valor normal" e as temperaturas estiveron medio grao por riba da media. Son as principais conclusións do informe climatolóxico de Meteogalicia para a estación que vén de rematar. O documento descargar nesta ligazón.
O grupo de innovación docente CienciaNosa (USC) difunde a nova versión en galego da táboa periódica, cos novos elementos químicos incorporados en 2016: nihonio, moscovio, ténnesso e oganesson. Pódese consultar nesta ligazón.
As federacións galegas de transportistas (Fetram e Fegatrans) denuncian as prácticas de cesión ilegal de traballadores que se dan "na maioría das axencias de paquetería de Vigo", que obrigan os condutores das empresas de transporte "a traballar gratuitamente como almacenistas nos seus centros", sinalan
O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación monográfica sobre os debates ao redor do fuso horario, coordinada por Jorge Mira. O texto (que se pode descargar de balde) será remitido ao Goberno central e galego e ás camaras lexislativas