Unhas 2.400 persoas inscribíronse para participar na XVI Asemblea Nacional do BNG, que se celebra este sábado e domingo na Coruña. A apertura do plenario está prevista para as 17 horas, dando paso aos discursos de Francisco Jorquera e Ana Pontón. Ás 17.30 presentarase o Informe do Consello Nacional. E ás 18 horas comezará o debate de emendas en comisións.
Fálase
A Inspección de Traballo, que este venres iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección da empresa para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais
Trump cancela a votación para suprimir o Obamacare ante unha derrota segura na cámara de representantes. O presidente norteamericano renuncia de momento á reforma do sistema sanitario.
A UE celebra este sábado en Roma o seu 60 aniversario cun debate aberto sobre o seu futuro. Na capital italiana varias mobilizacións pedirán unha Europa máis social e democrática, fronte ao actual proceso de construción
As pensións dos actuais conselleiros do Ibex dispáranse un 18% e suman 382 millóns. Entre vogais actuais e ex membros dos consellos, o importe acumulado para xubilacións supera os 630 millóns de euros
A Audiencia Nacional critícalle á Garda Civil os seus métodos de investigación en Twitter. O tribunal tamén discrepa da Fiscalía na súa teima por sentar no banco dos acusados os autores de certos comentarios nesta rede social
A Deputación de Pontevedra anuncia que vai cortar os máis de 300 eucaliptos que arrodean o Castelo de Soutomaior. "Esta especie invasora é una lacra para a natureza da nosa provincia", afirmou este venres a presidenta da institución, Carmela Silva. Os traballos comezarán a semana que vén.
O xuíz de Angrois non accede a suspender declaración como investigado por homicidio do ex-xefe de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, mentres se resolve o seu recurso. O instrutor da causa vén de facer chegar ás partes tanto o recurso de Cortabitarte como o de Adif, que tamén se opón á imputación.
O Consello de Ministros autoriza o goberno de Silleda a celebrar unha consulta popular sobre o traslado da casa do Concello. A veciñanza terá que decidir se desexa ubicar os servizos municipais no actual edificio da Casa da Cultura, onde o consistorio desenvolve boa parte da súa actividade. Diversos municipios galegos e doutros puntos do Estado celebraron antes outros 'referendos' sobre temas locais.
Os colexios privados concertados Montecastelo e As Acacias, que segregan alumnado por razón de sexo, serán galardoados como Vigueses Distinguidos, unha distinción aprobada cos votos de PSOE e PP, co rexeitamento no pleno da Marea de Vigo e as críticas de CIG ou BNG. É a primeira vez que se racha o consenso á hora de presentar propostas para este recoñecemento. A Marea tamén se opuxo a outro dos homenaxeados, o empresario José Silveira, propietario de Povisa.