Javier Guerra asegura que a situación actual do sector eólico "vén derivada da falta de política enerxética do anterior Executivo" e "da paralización do desenvolvemento" enerxético en Galicia "durante a etapa de Goberno do bipartito"
Fálase
O presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, accedeu a facilitar a saída dos parlamentarios que non queiran participar da homenaxe a Manuel Fraga. Polo momento confirmaron que se ausentarán o grupo de IU-ICV-CHA e Amaiur. Agárdase que Esquerra Republicana tamén marche.
A axencia Moody's rebaixa o rating de Novagalicia Banco a Ba1, tipificado como "bono lixo"
CIG, UGT, CCOO e CSI-F anunciaron hoxe a convocatoria conxunta de mobilizacións contra o anteproxecto de lei presentado pola Xunta para os empregados públicos de Galicia. A primeira concentración será este xoves en Santiago
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, estrea blog. Nel relatará a súa actividade na Eurocámara.
O BNG leva ao pleno unha proposición non de lei sobre as participacións preferentes comercializadas por Novacaixagalicia. A formación nacionalista tíldaos de "produtos fraudulentos". Avanzouno Ana Pontón na súa estrea como portavoz do Bloque
A asociación Adicae anunciou este mediodía que presentará unha demanda xudicial contra Novacaixagalicia pola "fraude" das participacións preferentes. A demanda tamén se presentará contra Banco de Sabadell, BBVA, a CAM, Catalunya Caixa, La Caixa, Banco Santader e Banca Cívica
Francisco Caamaño afirma na Cadena Ser Galicia que non encabezará unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez no Congreso Nacional do PSdeG
O PPdeG salienta que "a primeira iniciativa que asina" Feijóo como presidente do Grupo Popular no Parlamento é a que propón darlle o nome de Álvaro Cunqueiro ao futuro hospital de Vigo, aínda en construción
Os sindicatos de NGB están reunidos aínda cos responsables da empresa para pactar un novo ERE. Fontes directas da negociación aseguran a Praza que o "clima" do encontro é "tenso" e que a dirección da entidade quere pechar 40 oficinas máis das 110 xa anunciadas