A Xunta confirma a activación do protocolo por un posible caso de ébola na Coruña e indica que terá os resultados das probas "nas próximas horas". O Sergas informará ao respecto ás 11 en rolda de prensa en Vigo.
Fálase
Manuel Martínez sumou o seu voto aos do PP no pleno da Deputación de Lugo para botar abaixo unha moción do BNG contra as touradas. O alcalde de Becerreá, excluído da Xunta de Goberno por estar imputado, anuncia que se absterá nas propostas do Bloque "de interese para a provincia" e que votará en contra no resto.
Unha orde da Consellaría de Sanidade insta os membros do Consello de Bioética de Galicia a "gardar sixilo sobre os asuntos tratados". Trala polémica polo veto a un dos informes da entidade (sobre desigualdades sanitarias), o Sergas comprometérase a reformar o Consello.
A Xunta blinda con fondos públicos o financiamento das empresas do hospital de Vigo. O acordo de concesión compromete o Goberno galego a manter o equilibrio económico da UTE en caso de que os custes da débeda se disparen
Activado o protocolo por un posible caso de ébola no hospital da Coruña. O paciente é un mozo de 24 anos. Adiántao a Radio Galega.
O incremento de demandas de cláusulas solo obriga a planificar xuízos en Vigo para 2017. A Comisión Europea pediu que se lles recoñecese o dereito a indemnizacións con carácter retroactivo aos consumidores afectados, en contra do ditado polo Tribunal Supremo.
Ciudadanos non aclara a orixe dos seus ingresos en 2014, en resposta a unha consulta realizada por El Diario.
A Fiscalía pide catro anos de cadea para o maquinista do Alvia e o pagamento dunha indemnización de 43 millóns de euros. Máis información, hoxe en Praza.
TVE propón un debate electoral entre os partidos con grupo propio no actual Congreso e mais Podemos e Ciudadanos. Este debate 'a oito' incluiría a PP, PSOE, IU, UPyD, PNV e o actual grupo de CiU e deixaría fóra formacións actualmente presentes nas Cortes como ERC, Amaiur ou o BNG. Recólleo o Colexio de Xornalistas na súa web.
Junts pel si e CUP rexistran unha iniciativa conxunta para declarar o inicio do "proceso constituínte" catalán. Cóntao Catalunya Plural