Anonymous toma o control da conta de Twitter da revista brasileira Veja en protesta polo tratamento que vén realizando das mobilizacións cidadás dos últimos días. As manifestacións están a cadrar coa celebración da Copa Confederacións de fútbol.
Fálase
Portugal vive hoxe unha xornada de folga de profesorado en protesta polos recortes e os posibles despedimentos. A mobilización cadra coa celebración dos exames nacionais, o equivalente á selectividade. O xornal Público está a realizar un seguimento ao vivo de toda a xornada.
O concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, asegura saír "aliviado" tras declarar durante cinco horas nos xulgados de Lugo en calidade de imputado no caso Pokémon. En El Correo Gallego
O alcalde de Lalín, Xosé Crespo (PP), defende a súa proposta de goberno municipal "de concentración". "Nos plenos perdemos moito tempo en caralladas", afirma nunha entrevista en Faro de Vigo.
O dirixente da CEOE que critica os permisos por falecemento de familiares, José de la Cavada, foi multado por acoso laboral en 2010, segundo recolleu daquela El Economista
A CEOE censura que os traballadores e traballadoras poidan dispoñer de ata catro días de permiso no caso de falecemento dun familiar de primeiro grao (pai ou nai, irmán ou irmá, fillo ou filla). Recólleo La Información.
O Compostela loitará contra o Cieza murciano por ascender a 2ªB, o Celta B enfrontarase ao Arenas de Getxo e o Fabril ao El Palo andaluz. As eliminatorias comezarán a vindeira fin de semana.
O BBVA urxe a privatizar Novagalicia Banco. O seu presidente pide que se finalice xa o proceso para que "flúa o crédito".
O PSdeG proporá a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, como senadora por designación autonómica, segundo adianta a Cadena SER. Fernández debería deixar o seu cargo actual.
Unha sondaxe de intención de voto para as eleccións europeas do vindeiro ano confirma o ascenso da Fronte Nacional en Francia (18%) que case igualaría coa UMP (19%). A Front de Gauche chegaría ao 15%, o mesmo resultado que o PS.