O PSdeG proporá a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, como senadora por designación autonómica, segundo adianta a Cadena SER. Fernández debería deixar o seu cargo actual.
Fálase
Unha sondaxe de intención de voto para as eleccións europeas do vindeiro ano confirma o ascenso da Fronte Nacional en Francia (18%) que case igualaría coa UMP (19%). A Front de Gauche chegaría ao 15%, o mesmo resultado que o PS.
Julio Anguita e Juan Carlos Monedero publican en Icaria A la izquierda de lo posible, un diálogo no que os dous reflexionan sobre a historia recente de España e sobre o presente e futuro da esquerda. Público ofrece un adianto.
Novagalicia tan só devolveu 500 millóns dos case 2.000 que vendeu en preferentes nas súas sucursais.
As Redes Escarlata entregaron esta fin de semana o X Premio Vidal Bolaño a De Volta para Loureda, o blog que reflexiona sobre a situación dos presos nacionalistas galegos e en especial sobre a de Carlos Calvo. No acto participaron o decano da facultade de Filosofia da USC Rafael Martinez, Xose Luis Méndez Ferrín, Xosé Antón Laxe Martiñan (presidente das Redes Escarlata) ou Roi Vidal.
O Parlament de Catalunya homenaxea este luns a Andreu Nin, 76 anos despois do seu asasinato. El Diario entrevista Teresa Carbonell, presidenta da Fundació Andreu Nin: "dicía que os movementos nacionais tamén son revolucionarios"
Inditex aprovéitase da lei para deixar de pagar 900 millóns de impostos en España. O ano pasado multiplicou por tres as exencións fiscais
Os socialistas franceses solicitan unha devaluación do euro e cambios nas normas europeas sobre déficit orzamentario
Os sindicatos convocan unha folga xeral contra o Goberno turco este luns. Ao longo desta noite houbo ao redor de 500 detidos nas protestas despois do desaloxo de Taksim
Celta B e Dépor B eliminan a Mutilvera e Tuilla e acompañarán o Compostela na seguinte rolda do play-off de ascenso a Segunda B.