Un home galego, de máis de 60 anos e con estudos superiores é o perfil de persoa con menos nivel de paro no Estado, ao situarse no 0,83%. Unha muller canaria, sen estudos e menor de 20 anos afronta un desemprego do 95%, segundo un estudo publicado por La Información.
Fálase
Os mineiros cortan cinco estradas nunha nova xornada de folga nas concas. A estas horas tan só se mantén cortada unha delas, en Muros de Nalón.
O sindicato CIG acorda convocar o seu VI Congreso para os días 25 e 26 de maio de 2013 e cre "imprescindíbel" reforzar a estrutura da central nas empresas "para combater a aplicación da reforma laboral".
A vindeira edición da campaña publicitaria da Xunta Galicia, gárdasme o segredo? custará 847.457 euros. Está financiada nun 70% por fondos europeos.
Un erro de protocolo fai que presenten a Mariano Rajoy como "primeiro ministro das Illas Salomón" no cumio da ONU sobre desenvolvemento sostible que se está a celebrar no Rio de Janeiro. En 20 minutos
Todos os partidos vascos, agás o PP, celebran a decisión do TC de legalizar Sortu. Os promotores da formación legalizada valorarán hoxe a decisión.
Dilma Rousseff critica os países desenvolvidos na apertura da Rio+20. A presidenta do Brasil afirmou que a “transferencia das industrias contaminantes do Norte para o Sur” trouxo empregos pero “deixou unha pesada carga” sobre o medio ambiente.
As cabeceiras conservadoras quentan o ambiente político despois da decisión do TC de legalizar Sortu. ABC: "El TC se rinde a los proetarras", El Mundo: "Legalizado el partido de ETA", La Razón: "Aire para ETA"
O Goberno uruguaio legalizará a venda de marihuana e creará redes de distribución estatais, creando impostos para a súa venda. O presidente Pepe Mujica toma esta decisión para loitar contra o xeralizado consumo de pasta base, un forte e barato derivado das follas de coca que se fixo moi popular nos últimos anos.
A caixa resístese a eliminar a súa vella estrutura e converterse en fundación. A asemblea de NGB aprobou poucos acordos cunha presenza moi limitada de vogais