Echegoyen e Cristian Toro aspiran a darlle hoxe as primeiras medallas a Galicia nos Xogos do Rio. En vela e en piragüismo, as finais celébranse este xoves.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57b55382ab760-elp2205p72f1.jpg)
Echegoyen e Cristian Toro aspiran a darlle hoxe as primeiras medallas a Galicia nos Xogos do Rio. En vela e en piragüismo, as finais celébranse este xoves.
O candidato de En Marea, Luís Villares, acompañado por Xosé Manuel Beiras, lembra a morte de Bóveda no Día da Galiza Mártir non como algo “luctuoso” senón como “enerxía” para “darlle substancia á nación”.
Leiceaga fai un chamamento para agrupar o voto progresista e apela tamén os desencantados do PP. Avoga por un cambio da política demográfica "fracasada" do PP, e propuxo outra "renovada" que vire ao redor da xeración de emprego
O BNG comprométese a poñer en marcha unha Lei Galega de Recuperación da Memoria Histórica no acto de homenaxe a Bóveda e o resto de asasinados polo franquismo co gallo do Día da Galiza Mártir, que pide que sexa recoñecido "por lei".
Rajoy quere negociar con Ciudadanos sen aceptar en público as súas condicións. O comité executivo do PP non aborda as condicións da formación laranxa para empezar a negociar.
Concellos e deputacións deixaron en 2015 facturas no caixón por 35 millóns de euros. A Coruña, con 4,1 millóns, é o municipio galego con máis pagamentos pendentes.
A saraiba bota a perder uns 400.000 quilos de uva da Ribeira Sacra. A Xunta solicitará a declaración de zona de emerxencia para a área afectada.
Teresa Portela queda sen medalla nos Xogos do Rio. A padexeira de Cangas acaba sexta na final de K-1 200, na súa quinta participación olímpica.
Controlados os incendios en Trives, Cervantes, Arbo e Crecente e estabilizado o de Melón, que xa queimou máis de 100 hectáreas.
Iceta propón unha "alternativa a Rajoy": outro candidato do PP ou un independente. O líder do PSC di que "non cambiou nada" para que o PSOE dea marcha atrás no 'non' á investidura do actual presidente en funcións.