Rajoy quere negociar con Ciudadanos sen aceptar en público as súas condicións. O comité executivo do PP non aborda as condicións da formación laranxa para empezar a negociar.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57b46dcb9e41f-rajoy-reprocha-sanchez-psoe-segundo_ediima20151215_0800_21.jpg)
Rajoy quere negociar con Ciudadanos sen aceptar en público as súas condicións. O comité executivo do PP non aborda as condicións da formación laranxa para empezar a negociar.
Concellos e deputacións deixaron en 2015 facturas no caixón por 35 millóns de euros. A Coruña, con 4,1 millóns, é o municipio galego con máis pagamentos pendentes.
A saraiba bota a perder uns 400.000 quilos de uva da Ribeira Sacra. A Xunta solicitará a declaración de zona de emerxencia para a área afectada.
Teresa Portela queda sen medalla nos Xogos do Rio. A padexeira de Cangas acaba sexta na final de K-1 200, na súa quinta participación olímpica.
Controlados os incendios en Trives, Cervantes, Arbo e Crecente e estabilizado o de Melón, que xa queimou máis de 100 hectáreas.
Iceta propón unha "alternativa a Rajoy": outro candidato do PP ou un independente. O líder do PSC di que "non cambiou nada" para que o PSOE dea marcha atrás no 'non' á investidura do actual presidente en funcións.
As galegas Echegoyen e Teresa Portela aspiran hoxe ás primeiras medallas galegas nos Xogos de Rio. A primeira sitúase líder xunto á súa compañeira en vela e a segunda disputa a final en piragüismo.
A recadación do imposto de sucesións aumenta en 79 millóns en Galicia. Os controis de Facenda revisa á alza a declaración de 10.000 contribuíntes.
En Galicia hai 14 millóns de propiedades, cinco por cada habitante. No rural, 2,8 millóns de hectáreas de solo acollen 11,1 millóns de parcelas. Cóntao La Voz de Galicia.
A Fundación Alexandre Bóveda presenta o programa de actos do Día da Galiza Mártir que celebra este mércores en Pontevedra e Poio e aos que asistirá a candidata do BNG á Xunta, Ana Pontón.