As galegas Echegoyen e Teresa Portela aspiran hoxe ás primeiras medallas galegas nos Xogos de Rio. A primeira sitúase líder xunto á súa compañeira en vela e a segunda disputa a final en piragüismo.
Fálase
A recadación do imposto de sucesións aumenta en 79 millóns en Galicia. Os controis de Facenda revisa á alza a declaración de 10.000 contribuíntes.
En Galicia hai 14 millóns de propiedades, cinco por cada habitante. No rural, 2,8 millóns de hectáreas de solo acollen 11,1 millóns de parcelas. Cóntao La Voz de Galicia.
A Fundación Alexandre Bóveda presenta o programa de actos do Día da Galiza Mártir que celebra este mércores en Pontevedra e Poio e aos que asistirá a candidata do BNG á Xunta, Ana Pontón.
O Exército emprega unha mensaxe de Cela ao golpista Millán Astray para animar a Rafa Nada. Logo das protestas nas redes sociais, bórrao e pide desculpas.
Os incendios forestais remiten e trasládanse ao interior. Só hai tres sen control na mañá deste luns, o máis importante, de 150 hectáreas e con risco para a poboación, en Pobra de Trives. Melón e Cervantes rexistran outros dous de menor tamaño.
A falla de maquinistas obrigou a suprimir máis de 40 servizos en Galicia da antiga Feve só no que vai de mes. Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo critica a crecente precarización da liña galega.
A afiliación sindical dos traballadores indefinidos é a dobre que a dos temporais. É maior no transporte e a industria e menor na agricultura e a hostalaría.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Lémonos o luns!
Críticos de Podemos denuncian aos seus compañeiros de partido que se presentaron ás primarias de En Marea ante a comisión de garantías da formación morada, conta Europa Press na súa web.