Esta tarde preséntase en Barcelona, no marco do In Edit Fast Forward, Screenly, unha plataforma de proxección baixo demanda de filmes en salas, poñendo en contacto público e películas. Créase un evento até chegar a un número mínimo de espectadores, que participan na súa promoción e que poden enriquecelo con actividades paralelas.
