Crean unha petición en Change.org "polo peche de Change.org", para que "deixen de lucrarse coas túas esperanzas". Leva xa máis de 1.000 sinaturas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5272257061501-zfsiqtrycakzryf-556x313-nopad.jpg)
Crean unha petición en Change.org "polo peche de Change.org", para que "deixen de lucrarse coas túas esperanzas". Leva xa máis de 1.000 sinaturas.
As mulleres de Ve-la Luz en folga de fame reúnense esta mañá con representantes da Xunta. Unha chamada do Goberno galego convocounas para este xoves na sede da Administración autonómica na Coruña.
Suso de Toro e Joan Tardà debaten sobre o proceso soberanista catalán en Barcelona. O escritor galego e o deputado de ERC reflexionan sobre os riscos e as vantaxes da independencia.
Fagor cae e Mondragón perde o símbolo do cooperativismo en Euskadi. A Corporación non salvará a compañía, que se mantén en preconcurso e que parece condenada ao peche.
CC.OO. lanza un novo vídeo da campaña "Xente coma ti", que denuncia os ataques ao público. Nesta ocasión céntrase nos servizos sociais.
O ADIF retirou balizas para reducir a velocidade en zonas como Angrois porque fallaban e producían interferencias
O banco venezolano Banesco, propietario do 80% do Etxeverría, súmase á poxa por Novagalicia, o que atrasa a súa resolución. Esta oferta, auspiciada por Núñez Feijoo, segundo Vozpópuli, competirá con Santander, BBVA, Caixabank, Popular, e cun grupo de fondos: Guggenheim (o máis interesado), Anchorage, Elliot, Wilbur Ross e JC Flowers.
Arxentina pide formalmente a extradición dos acusados de torturas no franquismo. A xuíza María Servini de Cubría asinou xa a petición, baseada no principio de xustiza universal.
Este xoves está convocada folga no sector ferroviario, en protesta pola segregación de Renfe en catro compañías e as ameazas de privatización do servizo.
A "marea laranxa por uns servizos sociais públicos e de calidade" chegou este mércores a San Sadurniño. A iniciativa está apoiada por 34 municipios galegos.