O banco venezolano Banesco, propietario do 80% do Etxeverría, súmase á poxa por Novagalicia, o que atrasa a súa resolución. Esta oferta, auspiciada por Núñez Feijoo, segundo Vozpópuli, competirá con Santander, BBVA, Caixabank, Popular, e cun grupo de fondos: Guggenheim (o máis interesado), Anchorage, Elliot, Wilbur Ross e JC Flowers.
Fálase
Arxentina pide formalmente a extradición dos acusados de torturas no franquismo. A xuíza María Servini de Cubría asinou xa a petición, baseada no principio de xustiza universal.
Este xoves está convocada folga no sector ferroviario, en protesta pola segregación de Renfe en catro compañías e as ameazas de privatización do servizo.
A "marea laranxa por uns servizos sociais públicos e de calidade" chegou este mércores a San Sadurniño. A iniciativa está apoiada por 34 municipios galegos.
A "marea laranxa por uns servizos sociais públicos e de calidade" chegou este mércores a San Sadurniño. A iniciativa está apoiada por 34 municipios galegos.
O PP rexeita a proposta do PSOE dun referendo para fusionar A Coruña e Arteixo. Mar Barcón, voceira do grupo socialista no concello coruñés, propón a unión dos dous municipios limítrofes.
O filósofo alemán Peter Sloterdijk recibe este mércores en Compostela o Premio Bento Spinoza de Ensaio, que concede un xurado integrado por alumnos de varios institutos galegos. Destaca que a historia de Europa "está determinada pola metamorfose da ira"
Em 2012, máis de 121.418 persoas emigraron dende Portugal, segundo datos do INE, un número superior ao ano 1966, que até o de agora mantiña o récord do maior número de saídas.
Radio Galicia-Cadena Ser gaña o Premio Ondas pola cobertura do accidente de tren de Santiago. O xurado acaba de facer públicos os galardóns. Julia Otero tamén foi recoñecida pola súa traxectoria.
A Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo protestou esta mañá ante a oficina de emprego situada na rúa López Mora