A Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo protestou esta mañá ante a oficina de emprego situada na rúa López Mora
Fálase
Este xoves comeza en Ribeira unha nova edición da party Uxíanet, unha festa informática que durará catro días e permitirá unha conexión entre computadores de 1000 Mbps. Ademais de xogos e outras actividades, haberá charlas e obradoiros e varios colectivos locais e galegos presentarán os seus proxectos.
A Universidade Rural de Barreiros celebrou este sábado a súa primeira clase (a cargo do enxeñeiro agrícola Oscar Antón Pérez), cunha gran participación. A xornada de portas abertas serviu para dar a coñecer o proxecto entre os veciños e veciñas. Hoxe e mañá continuará as aulas na escola de Vilamartín Pequeno
Ingresada unha das mulleres que se mantén en folga de fame na Coruña. Unha membro de Ve-la Luz esvaeceuse e caeu polas escaleiras tras máis de dúa semanas de protesta. Seis mulleres manteñen a acción coa que reclaman unha "protección real" para as vítimas da violencia de xénero e os seus fillos.
O Portal Galego da Língua lanza un inquérito para elixir a capa do libro de conversas con Isaac Alonso Estraviz, que recolle un "alargado diálogo" entre o ex presidente da AGAL Bernardo Penabade co profesor e lexicógrafo.
Mario Regueira publica no seu blog, O porto dos escravos, unha reflexión sobre a tradición do Samaín e a escasa base das afirmacións que vinculan a súa orixe no Halloween estadounidense.
O BNG denuncia ante a Secretaría Xeral de Igualdade unha campaña publicitaria do Concello da Coruña con lemas como Antes muerta que sencilla ou La belleza está en el interior del vestidor
A policía detén un militante de Falange polos ataques a varios medios dixitais de esquerda, como infoLibre, Diagonal, Nodo50, Periodismo Humano ou El Plural. Antes de comezar os ataques os medios recibiron un email ameazante: "Falange Española de las JONS está interesada en que dejéis de publicar y por eso me han contratado para dicha tarea. Huele a fuego y a pólvora".
Os prezos baixan por primeira vez desde 2009. O IPC baixa un 0,1% en outubro, segundo o INE e tras a suba do 0,3% do mes anterior.
Arteixo, As Pontes e Ferrol participan na Red Española de Turismo Industrial, que este martes se presentou en Madrid