A contía media das bolsas universitarias baixou en 2013 por vez primeira en 15 anos. O descenso foi do 2,16% no conxunto do Estado, e en Galicia do 1,79%, uns 32 euros menos para cada estudante.
Fálase
Marcos Maceira será o novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, substituíndo despois de doce anos a Carlos Callón. O historiador encabeza unha candidatura única composta tamén por Mónica Pazos e Carlos Outeiro como vicepresidentes, e Susana Méndez como secretaria xeral. Maceira será elixido presidente o vindeiro 26 de abril nunha asemblea que se celebrará na Coruña. Toda a información, esta tarde en Praza.
Enrique Dans analiza en A evolución das noticias na rede as "dez razóns polas que o canon AEDE é unha barbaridade"
Internet supera por vez primeira á televisión en gasto publicitario nos EE.UU. O gasto en publicidade online creceu un 17 por cento e chegou aos 42.800 millóns de dólares
La Opinión lembra a relación de García Marquez con Galicia, dende a súa viaxe en 1983 para buscar as orixes da súa avoa Tranquilina, ou a figura do coruñés Francisco Porrúa, o seu primeiro editor.
Os sete inmigrantes detidos en Chafarinas pediron asilo antes de ser expulsados e entregados a Marrocos. As solicitudes foron enviadas por fax por unha avogada, con copia ao Defensor del Pueblo e a ACNUR. A ONU acusa o Goberno español de incumprir a lei.
Este domingo 20 realizarase unha homenaxe ás vítimas dos chamados Sucesos de Repil, un choque armado entre guerrilleiros e garada civil que tivo lugar nese lugar, entre Monforte e A Pobra do Brollón, en 1949, hai 65 anos. Morreron os guerrilleiros Gregorio Colmenero Fernández Porreto, Evaristo González, Guillermo Morán García Asturiano e Julián Acebo Alberca Guardiña, ademais dos veciños Luisa López Centeno e os irmáns Ramón e María López Casanova.
- Falece o escritor Gabriel García Márquez aos 87 anos a causa do cancro que padecía
Praza Pública non se actualizará este venres por descanso do persoal. Lémonos o sábado!
Acordo internacional para o desarme dos grupos armados ilegais en Ucraína. EUA, Rusia, Ucraína e a UE acadaron o pacto, que inclúe a amnistía para os que participaron nos disturbios do oeste do país.