La Opinión lembra a relación de García Marquez con Galicia, dende a súa viaxe en 1983 para buscar as orixes da súa avoa Tranquilina, ou a figura do coruñés Francisco Porrúa, o seu primeiro editor.
Fálase
Os sete inmigrantes detidos en Chafarinas pediron asilo antes de ser expulsados e entregados a Marrocos. As solicitudes foron enviadas por fax por unha avogada, con copia ao Defensor del Pueblo e a ACNUR. A ONU acusa o Goberno español de incumprir a lei.
Este domingo 20 realizarase unha homenaxe ás vítimas dos chamados Sucesos de Repil, un choque armado entre guerrilleiros e garada civil que tivo lugar nese lugar, entre Monforte e A Pobra do Brollón, en 1949, hai 65 anos. Morreron os guerrilleiros Gregorio Colmenero Fernández Porreto, Evaristo González, Guillermo Morán García Asturiano e Julián Acebo Alberca Guardiña, ademais dos veciños Luisa López Centeno e os irmáns Ramón e María López Casanova.
- Falece o escritor Gabriel García Márquez aos 87 anos a causa do cancro que padecía
Praza Pública non se actualizará este venres por descanso do persoal. Lémonos o sábado!
Acordo internacional para o desarme dos grupos armados ilegais en Ucraína. EUA, Rusia, Ucraína e a UE acadaron o pacto, que inclúe a amnistía para os que participaron nos disturbios do oeste do país.
O PPdeG ve "mellor" Galicia co Goberno de Feijóo malia a herdanza "envelenada" do bipartito. A oposición acusa o Executivo de "empobrecer" o país. Cóntao unha reportaxe de Europa Press.
Dous mariñeiros mortos e cinco desaparecidos ao naufragar un pesqueiro en Asturias. O barco, con base en Marín, naufragou a trinta millas ao noreste de Navia.
Esquerra Unida denuncia simboloxía nazi na carpa de afeccionados do Real Madrid na final da Copa do Rei. Censura que a policía non actuase contra a exhibición de símbolos que "incitan ao odio". Axentes si actuaron, non obstante, noutras ocasións contra bandeiras galegas coa estrela.
O naval de Ferrol colga pancartas en varios lugares da cidade para denunciar a situación do sector ante a masiva chegada de turistas. Os traballadores piden unha "solución" e volven reclamar o dique. Imaxe de @raulsalgado.