O PPdeG ve "mellor" Galicia co Goberno de Feijóo malia a herdanza "envelenada" do bipartito. A oposición acusa o Executivo de "empobrecer" o país. Cóntao unha reportaxe de Europa Press.
Fálase
Dous mariñeiros mortos e cinco desaparecidos ao naufragar un pesqueiro en Asturias. O barco, con base en Marín, naufragou a trinta millas ao noreste de Navia.
Esquerra Unida denuncia simboloxía nazi na carpa de afeccionados do Real Madrid na final da Copa do Rei. Censura que a policía non actuase contra a exhibición de símbolos que "incitan ao odio". Axentes si actuaron, non obstante, noutras ocasións contra bandeiras galegas coa estrela.
O naval de Ferrol colga pancartas en varios lugares da cidade para denunciar a situación do sector ante a masiva chegada de turistas. Os traballadores piden unha "solución" e volven reclamar o dique. Imaxe de @raulsalgado.
Superoito, Monoulious Dop e Quempallou, gañadores do Cantalingua 2014. Serán os grupos que participarán esta edición tras ser elixidos polo alumnado de diferentes centros de ensino.
A Igrexa manobra para evitar o banco dos acusados no caso Retablo. Intenta anular escoitas policiais para impedir que o ex bispo de Tui-Vigo responda ante a xustiza.
Xa hai máis beneficiarios de axuda asistencial que de paro no Estado. A crise continúa e a rede asistencial é a que funciona como soporte social.
O director xeral da Policía condecora a Virgen María Santísima del Amor de la Cofradía de Nuestro Padre Jesús El Rico. Hai escasas semanas, o Goberno central xustificou así este tipo de condecoracións. Cóntao El Diario.
Montse Dopico, Iago Martínez, Fran P. Lorenzo, Carme Vidal e Ana Romaní optan ao premio da AELG á mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013.
Os ilustradores galegos José Domingo e Emma Ríos, candidatos aos premios Eisner do cómic, uns dos galardóns máis prestixiosos do sector, que se entregarán o vindeiro 25 de xullo no marco da ComicCon de San Diego.