A ONU dá a razón a Assange e considera que a súa detención foi arbitraria. O fundador de Wikileaks está illado desde 2012 na Embaixada do Ecuador en Londres.

A ONU dá a razón a Assange e considera que a súa detención foi arbitraria. O fundador de Wikileaks está illado desde 2012 na Embaixada do Ecuador en Londres.
Os directores detectan que a maioría dos escolares galegos non cren na igualdade de sexos. O 63% consideran que os nenos non consideran iguais a homes e mulleres.
O PSOE quere que Rajoy someta a votación todas as súas decisións importantes. Ciudadanos apoia a idea de poñer o PP baixa a tutela das novas forzas.
Bruxelas esixiará ao próximo goberno de España un axuste adicional de 9.000 millóns. O déficit de 2015 superou o previsto e o Orzamento de 2016 deberá ser corrixido.
Sánchez ve "espazos comúns" con Ciudadanos para entenderse, pero Rivera empraza o PSOE a negociar co PP un pacto a tres. En Comú Podem advirte os socialistas de que o entendemento con Ciudadanos afasta a posibilidade dun apoio desta candidatura.
El Corte Inglés retirou a curtametraxe publicitaria, parte da súa campaña de San Valentín, que identificaba amor con control por parte da parella. O vídeo recibira numerosas críticas a través das redes sociais.
O Play-Doc de Tui lanza unha iniciativa de crowdfunding para poder publicar a primera monografía dedicada a Charles Burnett, considerado un dos cineastas independentes máis importantes dos Estados Unidos, autor de títulos como Killer of Sheep, reflexo da sociedade norteamericana dos anos setenta e do racismo imperante.
Un pescador atopa un león mariño de "catro ou cinco meses de vida" na praia coruñesa de Bens. O animal, que se atopa "feble e delgado", vai ser avaliado na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, en Nigrán. Segundo informa o Concello coruñés, chegou á costa "transportado por unha corrente desde as illas británicas ou Irlanda" e vaise avaliar se pode volver ao mar decontado ou ten que ser tratado previamente.
Unha ameaza de bomba nun voo con destino a Arabia Saudí pon en alerta o aeroporto de Barajas, en Madrid. A pasaxe foi evacuada e o aparello, revisado nunha zona illada do aeródromo.
O PP obtería un resultado moi semellante ao 20-D nunha repetición das xerais, segundo o CIS, que prognostica que Podemos e as confluencias superarían ao PSOE. O resultado de En Marea sería tamén practicamente o mesmo segundo esta sondaxe, realizada dúas semanas despois das eleccións e, polo tanto, antes de que Pedro Sánchez recibise a encarga de formar goberno. Os resultados íntegros, nesta ligazón.