As persoas nacidas de 1965 a 1985 serán os que máis perderán coa reforma das pensións, segundo unha simulación realizada pola Fundación de Estudios de Economía Aplicada
Fálase
O catastrazo no campo dispara case un 20% o IBI do rural en Galicia en 2016. Os concellos baten récord de recadación, con 14,3 millóns
A moción de censura a Rajoy continuará este mércores. Durante a mañá intervirá entre outros o portavoz de EnMarea, Antón Gómez-Reino. Mantense a incógnita de quen pechará o debate, se Iglesias ou Rajoy. Pola tarde, levarase a cabo a votación, de viva voz.
Lidia Senra interveu en galego no pleno do Parlamento europeo para reclamar o cumprimento da Carta Europea das Linguas, demandando a derrogación de todas as actuacións contra a lingua galega postas en marcha nos últimos anos pola Xunta, entre elas o Decreto do ensino. Sumouse a unha iniciativa conxunta na que tamén se escoitaron, por primeira vez nesta lexislatura, intervencións en catalán e vasco
O Tribunal de Contas sinala a falta de "previsións realistas" nas obras do Porto Exterior da Coruña. Nun informe considera que o tráfico non é "acorde" ao investimento e chama a atención sobre a ausencia de conexión por ferrocarril.
Os amigos dos músicos, Guadi Galego ou Nao, cabezas de cartel do Festigal 2017. O festival organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova presenta este martes a súa programación para os vindeiros 24 e 25 de xullo.
O Tribunal de Estrasburgo condena a España pola inhabilitación a Juan María Atutxa por non disolver o grupo da esquerda abertzale cando presidía o Parlamento de Euskadi (Na imaxe, nun acto recente con outros cargos do PNV).
A Xunta publica a asignación das axudas para o fomento do galego nos centros educativos neste curso escolar, que remata o vindeiro día 23
A Xunta somete a información pública a solicitude de autorización do proxecto de megaplanta de biomasa en Curtis, que prevé consumir 546.000 toneladas anuais de biomasa. O proxecto é case idéntico ao presentado hai un ano e que tivo que ser revisado ao incumprir a lei, que foi posteriormente modificada polo Goberno galego para permitir este tipo de plantas.
A investigación determina que o incendio que arrasou o estaleiro tradicional de Casqueiro, en Moaña, foi intencionado