A Xunta publica a asignación das axudas para o fomento do galego nos centros educativos neste curso escolar, que remata o vindeiro día 23
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/593f99a80c39e-57617656731d6-aula.jpg)
A Xunta publica a asignación das axudas para o fomento do galego nos centros educativos neste curso escolar, que remata o vindeiro día 23
A Xunta somete a información pública a solicitude de autorización do proxecto de megaplanta de biomasa en Curtis, que prevé consumir 546.000 toneladas anuais de biomasa. O proxecto é case idéntico ao presentado hai un ano e que tivo que ser revisado ao incumprir a lei, que foi posteriormente modificada polo Goberno galego para permitir este tipo de plantas.
A investigación determina que o incendio que arrasou o estaleiro tradicional de Casqueiro, en Moaña, foi intencionado
Este martes comeza no Congreso o debate da moción de censura presentada por Unidos Podemos contra Mariano Rajoy, que probablemente chegará ata o mércores. Ana Pastor resérvase decidir quen pechará o debate, se Pablo Iglesias ou o Goberno. Segue aquí ao vivo a retransmisión do debate.
O comité de Ferroatlántica rexistra a convocatoria de folga para o vindeiro 8 de xullo. Haberá manifestación en Compostela (desde as 12 na Alameda) e o 5 de xullo varios traballadores comezarán unha marcha desde Cee que rematará na capital galega.
Anxo Louzao non recuncará na secretaría nacional da CIG-Ensino, responsabilidade para a que se perfila Suso Bermello como líder da única candidatura presentada ata o momento. A central sindical prevé unha renovación do 40% da súa dirección nesa cita congresual, presentada este luns e fixada para o vindeiro día 17.
Un xuíz establece que a Xunta debe asumir a tutela dunha persoa sen fogar en Santiago. A Cadena SER adiantou esta sentenza, o segundo pronunciamento xudicial nun ano que insta o Goberno galego a abordar este tipo de atención social.
12.000 persoas compiten por accederen a contratos por días no Sergas. Unha información de La Opinión de A Coruña
O PP manteríase como forza máis votada en eleccións xerais cunha representación semellante á de hai un ano. O PSOE ascendería levemente e Unidos Podemos e as súas confluencias caerían uns 3 puntos, segundo a enquisa que publica eldiario.es
Rueda asume dende este luns a xestión dos asuntos da Presidencia da Xunta pola viaxe de Feijóo á China