12.000 persoas compiten por accederen a contratos por días no Sergas. Unha información de La Opinión de A Coruña
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/593e45c9cb086-5010e7f875838-sergas.jpg)
12.000 persoas compiten por accederen a contratos por días no Sergas. Unha información de La Opinión de A Coruña
O PP manteríase como forza máis votada en eleccións xerais cunha representación semellante á de hai un ano. O PSOE ascendería levemente e Unidos Podemos e as súas confluencias caerían uns 3 puntos, segundo a enquisa que publica eldiario.es
Rueda asume dende este luns a xestión dos asuntos da Presidencia da Xunta pola viaxe de Feijóo á China
O Goberno de España ultima a suba da luz en Galicia polo imposto eólico da Xunta. Cóntao Faro de Vigo.
Vázquez Almuíña asume que o Sergas pechará "entre o 15% e o 20%" das camas dos hospitais públicos no verán. Díxoo nunha entrevista en Radio Galicia, onde defendeu a actuación dos dous cargos imputados polo caso da hepatite C.
O Ourense Envialia proclámase campión da Copa de España en Poio. O equipo galego venceu na prórroga ao Atlético Féminas logo de empatar en dúas ocasións a desvantaxe.
Unha multitude soberanista apoia a Generalitat na súa aposta polo referendo. Pep Guardiola, adestrador de fútbol, foi o encargado de ler o manifesto. En Galicia, En Marea, BNG e outros colectivos explicitaron onte o seu apoio á consulta do 1 de outubro.
Trinta militantes de SAL deixan o partido tras facilitar a volta ao poder de Telmo Martín en Sanxenxo. Entre os que abandonan está a edil Vanessa Rodríguez.
Solicitan prisión para o alcalde de Palas por acoso no traballo á súa secretaria. O fiscal pide tamén 12 anos de inhabilitación por prevaricación e o xuízo arranca o martes na Audiencia Provincial