Fálase
- Duras cargas policiais no Ensanche de Santiago ao remate da manifestación polo desaloxo do 'Escárnio e Maldizer'. Os axentes empregaron botes de fume contra quen entraran no recinto do antigo colexio Peleteiro. +Info, este domingo en Praza.
Desenvólvese en Compostela unha nova mobilización contra o desaloxo do centro social Escarnio e Maldizer cunha importante presenza de antidisturbios pola zona vella, onde se impediu entrar, e 500 persoas. Parte dos manifestantes pechouse nun céntrico colexio abandonado, o Peleteiro.Toda a información, mañá en Praza. Foto: Galiza Contrainfo.
Morre Adam West, intérprete do famoso Batman dos anos 60 e icono dos primeiros anos da TVG. Faleceu aos 88 anos en Los Ángeles debido a unha leucemia.
Citan a declarar como testemuñas as xefas dos servizos de Farmacia do CHUS e CHUAC polo caso da hepatite C. Declararán o vindeiro mércores 14 de xuño no marco da investigación que investiga o subministro dos tratamentos para esta enfermidade e na que dous altos cargos da Xunta están investigados por supostos delitos de prevaricación e homicidio imprudente.
Pilar García Negro recibe unha homenaxe en Lugo, a súa cidade natal, da man da AELG e o Concello. "Luguesa, escritora, política, abandeirada do galego e rosaliana". Así definiu á homenaxeada Carmen Basadre, quen no acto reivindicou á lectura en galego.
Centos de veciños lembran a Ignacio Echevarría nas Pontes, localidade onde viviu once anos. O galego asasinado en Londres nun atentado terrorista morreu a causa dunha coitelada nas costas, segundo desvelou o certificado de defunción.
Un acto en Compostela amosa o apoio ao referendo catalán. BNG, En Marea ou CIG secundan a convocatoria da Assemblea Nacional Catalana no Obradoiro en apoio da consulta convocada pola Generalitat para o vindeiro 1 de outubro. Toda a información, hoxe en Praza.
A ex-ministra Cristina Narbona presidirá o PSOE. Aceptou o cargo que lle ofreceu Pedro Sánchez, en cuxa candidatura participou.
20.000 traballadores do metal na provincia da Coruña irán catro días á folga polo convenio. Os sindicatos asinan a convocatoria para os días 22 e 27 e para o 4 e 5 de xullo.
O xuíz de Angrois prorroga a instrución ata finais de 2018, na liña do solicitado pola Fiscalía, segundo un auto ao que tivo acceso Praza.gal. A instrución foi reaberta hai un ano por orde da Audiencia da Coruña despois de que xuíz e fiscal a pechasen co maquinista como único acusado.