O comité de Ferroatlántica rexistra a convocatoria de folga para o vindeiro 8 de xullo. Haberá manifestación en Compostela (desde as 12 na Alameda) e o 5 de xullo varios traballadores comezarán unha marcha desde Cee que rematará na capital galega.
Fálase
Anxo Louzao non recuncará na secretaría nacional da CIG-Ensino, responsabilidade para a que se perfila Suso Bermello como líder da única candidatura presentada ata o momento. A central sindical prevé unha renovación do 40% da súa dirección nesa cita congresual, presentada este luns e fixada para o vindeiro día 17.
Un xuíz establece que a Xunta debe asumir a tutela dunha persoa sen fogar en Santiago. A Cadena SER adiantou esta sentenza, o segundo pronunciamento xudicial nun ano que insta o Goberno galego a abordar este tipo de atención social.
12.000 persoas compiten por accederen a contratos por días no Sergas. Unha información de La Opinión de A Coruña
O PP manteríase como forza máis votada en eleccións xerais cunha representación semellante á de hai un ano. O PSOE ascendería levemente e Unidos Podemos e as súas confluencias caerían uns 3 puntos, segundo a enquisa que publica eldiario.es
Rueda asume dende este luns a xestión dos asuntos da Presidencia da Xunta pola viaxe de Feijóo á China
O Goberno de España ultima a suba da luz en Galicia polo imposto eólico da Xunta. Cóntao Faro de Vigo.
Vázquez Almuíña asume que o Sergas pechará "entre o 15% e o 20%" das camas dos hospitais públicos no verán. Díxoo nunha entrevista en Radio Galicia, onde defendeu a actuación dos dous cargos imputados polo caso da hepatite C.
O Ourense Envialia proclámase campión da Copa de España en Poio. O equipo galego venceu na prórroga ao Atlético Féminas logo de empatar en dúas ocasións a desvantaxe.
Unha multitude soberanista apoia a Generalitat na súa aposta polo referendo. Pep Guardiola, adestrador de fútbol, foi o encargado de ler o manifesto. En Galicia, En Marea, BNG e outros colectivos explicitaron onte o seu apoio á consulta do 1 de outubro.