O ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, maquinou xunto ao director da Oficina Antifrau de Catalunya, Daniel de Alfonso, para buscar casos de corrupción que puidesen acusar a contorna do líder de ERC, Oriol Junqueras. Público ofrece en exclusiva as gravacións que inculpan o ministro de Interior.
Fálase
Xulio Ferreiro representará a Galicia no acto de peche de campaña de Unidos Podemos e as confluencias en Madrid. O alcalde da Coruña participará no acto das forzas rupturistas do vindeiro venres.
O pleno do Parlamento debaterá crear unha comisión de investigación sobre o incendio de Fandicosta, como reclama o PSdeG.
O PP ameaza con demandar a 'El Mundo Today' por unha web paródica sobre Rajoy. Vén de revelalo nas súas redes sociais o portal humorístico, que anuncia o peche da web para "evidenciar" que os populares carecen de "sentido do humor"
Volven as 'froitas' electorais dende Andorra tras a prohibición de publicar enquisas previas ás xerais. Este é o resultado que ofrece Electograph a partir de El Periodic d'Andorra, como explica aquí El Periódico de Catalunya.
Deteñen un home no centro de Bruxelas que aseguraba portar un cinto de explosivos. Está a contalo o diario Le Soir
O Concello de Lugo estima que acadou o obxectivo de 600.000 visitantes ao Arde Lucus e estuda declarar festivo o venres da festa ou o luns posterior.
Expertos alertan de maior risco de incendios durante o verán en Galicia por mor das intensas chuvias da primavera. Recólleo Faro de Vigo.
VÍDEO O PP amosa un gráfico manipulado no debate de TVE para gabarse do seu gasto social. O partido tamén o difundiu en Twitter, pero despois borrouno e publicou unha nova versión, con desproporcións pero coas barras que representan valores inferiores máis pequenas que as de importes maiores.
AXENDA DE CAMPAÑA - 21 DE XUÑO
- PP: Feijóo dá un mitin no Pazo de Feiras de Lugo ás 19:45, con varios candidatos.
- En Marea: A coalición organiza un acto sobre pesca pola mañá en Vigo e ofrece un mitin ás 19:00 en Vilagarcía, na Praza da Peixaría.
- PSdeG: Leiceaga visita unha adega en Cenlle e remata o día con mitin en Carballo, ás 20:30 no Fórum.
- BNG: Pontón fai campaña na Rúa pola mañá e participa no mitin central ás 20:00, no auditorio Afundación de Vigo.
- Ciudadanos: O partido instala carpas informativas pola mañá en Lugo e mais en Ourense.