Xa están abertas as urnas en Portugal. As eleccións lexislativas renovarán a Assembleia da República e, segundo todas as sondaxes, deixarán unha cámara sen maiorías absolutas. Os colexios electorais pecharán ás sete da tarde (hora portuguesa), unha hora máis tarde nas Azores..
Fálase
O Sergas investigará a morte da muller que o pasado día 25 faleceu no PAC de Vimianzo mentres agardaba para ser atendida no servizo de urxencias.
Un bombardeo dos Estados Unidos sobre un hospital de Médicos Sen Fronteiras en Kunduz (Afganistán) provoca cando menos 16 mortos. MSF sinala que o exército norteamericano estaba informado sobre a posición da clínica. A ONU condena o ataque, mentres que Washington pide desculpas.
Basilio Losada ingresa na Real Academia Galega como membro de honra, destacando que “Galicia é o único país mantido en vida polos seus poetas, e cunha muller á cabeza”
Morre unha muller no PAC de Vimianzo "á espera de ser atendida", segundo o Defensor do Paciente. A entidade sinala a Xunta como "responsable destes graves danos" pola "brutalidade dos recortes en sanidade"
O tradicional desfile de gando abre as festas do San Froilán de Lugo.
A Asociación pola Defensa da Ría vestiu as estatuas de Pontevedra en denuncia da posible prorroga da concesión da planta de ENCE en Lourizán máis alá do 2018.
Portugal celebra este domingo eleccións lexislativas. As sondaxes sinalan que a coalición de centro dereita Portugal à Frente (PSD+CDS/PP) liderada por Passos Coelho será a forza máis votada (38-39%), pero perdendo moitos dos apoios obtidos en 2011 e sen obter maioría absoluta. O PS de António Costa crece lixeiramente (32-34%) e CDU (8-10%) e Bloco (7-9%) mellorarán os seus resultados. Toda a información, ao longo da fin de semana en Praza.
Abel Caballero asegura que a súa vida política está centrada en Vigo e descarta dar o salto a outras administracións. Afirma que vai seguir sendo alcalde toda a súa "vida política". "Eu calcúlolle uns 12 anos máis. Pero poden ser 16 tamén", dixo
Standard and Poor’s (S&P) eleva un grao o rating da débeda soberana española, de BBB a BBB+ con perspectiva estable. A axencia alerta dos riscos da "elevada débeda externa, o alto desemprego, o envellecemento da poboación, o menor investimento en educación e I+D" e da posibilidade dun "entorno político fragmentado" tralas eleccións do 20 de decembro.