Praza non se actualiza nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Volvemos o luns!
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53ee1c66c5628-praza_pc3bablica_2.png)
Praza non se actualiza nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Volvemos o luns!
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia a aparición de listas de espera en Atención Primaria e o "deterioro da calidade" de asistencia, coa "masificación" das consultas.
A Marea Atlántica da Coruña realizará nos vindeiros días as súas primeiras mareas sectoriais e de barrio. O mércores 20 terá lugar a Marea da Agra do Orzán e o xoves 21 a Marea da Cultura
Unha nova concentración, este xoves en Verín, rexeitou a conversión do Castelo de Monterrei nun hotel de luxo, e demandou un "uso público e cultural" para o monumento
La Opinión analiza a práctica, cada vez máis estendida, de mercar e vender libros de texto usados a través de internet, unha alternativa para as zonas ou centros que non contan con bancos de libros.
O primeiro ministro de Iraq, Nuri al Maliki, renuncia ao cargo en favor de Haidar al Abadi, designado polo presidente Fuad Masum. Nuri al Maliki fora acusado de "aferrarse ao cargo"
Feijóo propón a Rajoy ser embaixador vitalicio do Camiño por '"ser un galego de nacemento, convicción e acción".
Audasa mantén os seus beneficios e recada máis coa peaxe malia as críticas ao seu servizo. A concesionaria da AP-9 gañou case dez millóns no primeiro semestre do ano.
O Supremo exime traballadores e sindicatos de pagar taxas xudiciais. Considera que funcionarios, beneficiarios da Seguridade Social e centrais deben ser beneficiarios de xustiza gratuíta cando interpoñan recursos na xurisdición social.
Rajoy presume de recuperación económica e anuncia máis reformas. "Fíxose o que había que facer", asegura durante unha reunión con dirixentes do PPdeG en Vilanova de Arousa.