O Supremo exime traballadores e sindicatos de pagar taxas xudiciais. Considera que funcionarios, beneficiarios da Seguridade Social e centrais deben ser beneficiarios de xustiza gratuíta cando interpoñan recursos na xurisdición social.
Fálase
Rajoy presume de recuperación económica e anuncia máis reformas. "Fíxose o que había que facer", asegura durante unha reunión con dirixentes do PPdeG en Vilanova de Arousa.
Unha nova concentración cidadá, este xoves ás 20.30 na Praza do Concello de Verín, denunciará o "espolio" do Castelo de Monterrei produto da súa conversión nun hotel.
O Diario Oficial de Galicia deste xoves 14 de agosto publica a convocatoria das axudas ao talento da AGADIC. Algunhas das súas cláusulas están xa a provocar criticas e rexeitamento no sector.
Unha pintada fascista cubriu esta semana o monumento aos represaliados pola ditadura en Cruz de Maceira (Marín).
O Celta vence o Deportivo (2-0) no derbi amigable deste mércores. Os celestes, máis rodados, foron moito mellores que os branquiazuis no encontro disputado en Pasarón onde non se rexistrou incidente ningún. Nolito e Larrivey marcaron para os vigueses.
Alcoa suma dez condenas xudiciais consecutivas por contaminar a contorna. Tivo que pagar xa máis de tres millóns de euros polos danos causados nas leiras anexas.
O párroco de Labrada (Guitiriz) impulsa unha petición para "salvar as pinturas murais" da igrexa parroquial, algunhas xa danadas pola humidade
Marful ofrecerá este sábado na Casa da Torre de Redondela o seu penúltimo concerto antes da súa separación, anunciada hai unhas semanas pola decisión de Ugia Pedreira de abandonar os escenarios por un tempo. A súa derradeira actuación terá lugar o 8 de outubro nas festas de San Froilán, en Lugo
O portavoz da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Lugo, Javier Novo, alerta sobre a emisión duns bonos, a partir de setembro, semellantes ás obrigacións subordinadas e participacións preferentes, bautizados como continxentes convertibles.