O Celta vence o Deportivo (2-0) no derbi amigable deste mércores. Os celestes, máis rodados, foron moito mellores que os branquiazuis no encontro disputado en Pasarón onde non se rexistrou incidente ningún. Nolito e Larrivey marcaron para os vigueses.
