Alcoa suma dez condenas xudiciais consecutivas por contaminar a contorna. Tivo que pagar xa máis de tres millóns de euros polos danos causados nas leiras anexas.
Fálase
O párroco de Labrada (Guitiriz) impulsa unha petición para "salvar as pinturas murais" da igrexa parroquial, algunhas xa danadas pola humidade
Marful ofrecerá este sábado na Casa da Torre de Redondela o seu penúltimo concerto antes da súa separación, anunciada hai unhas semanas pola decisión de Ugia Pedreira de abandonar os escenarios por un tempo. A súa derradeira actuación terá lugar o 8 de outubro nas festas de San Froilán, en Lugo
O portavoz da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Lugo, Javier Novo, alerta sobre a emisión duns bonos, a partir de setembro, semellantes ás obrigacións subordinadas e participacións preferentes, bautizados como continxentes convertibles.
O BNG apoia a campaña pola independencia de cara ao referendo en Escocia. A eurodeputada Ana Miranda móstrase favorábel a que Escocia saía do Reino Unido "para constituírse nun Estado que goberne os seus recursos e a capacidade de decidir o seu futuro".
O IPC entra en negativo en Galicia case cinco anos despois. A taxa interanual retrocedeu cinco décimas e situouse no -0,2%.
AGE exixe a paralización da mina de Cementos Cosmos e insta a Xunta a revisar a licenza municipal que lle permitiu reiniciar a actividade malia ter expedientes en contra e afectar un tramo do Camiño de Santiago e a Cova Eirós.
Maryam Mirzakhani, investigadora en xeometría e sistemas dinámicos da Universidade de Standford, gaña a Medalla Fields. É a primeira muller que obtén este recoñecemento, considerado o premio nobel das matemáticas.
A Xustiza impídelle a Adolfo Domínguez trasladar seis empregados de Ourense a Madrid. A empresa quere deslocalizar o seu departamento de vendas online, que xera importantes beneficios. "A conveniencia organizativa empresarial non é causa suficiente para non respectar un contrato", sinala o fallo
El Diario entrevista Amaia Pérez Orozco, que acaba de publicar Subversión feminista de la economía. "A organización do mercado de traballo está en íntima relación co reparto do traballo fóra do mercado, non se pode incidir nun sen incidir no outro", di