VÍDEO Barack Obama vén de pronunciar o seu agardado discurso no Teatro Nacional de La Habana, no antigo edificio do Centro Galego.
Fálase
A televisión pública belga fala xa de 13 mortos e 35 feridos no aeroporto de Bruxelas. Descoñécese se hai vítimas nos ataques á boca de metro. Vídeo de @AbraxasSpa.
Exteriores facilita o número do Consulado de España en Bruxelas para que se dirixan a el as persoas afectadas polas explosións de Bruxelas.
Gas Natural Fenosa absorbe Estela Eólica e acapara o 20% do concurso do PP. Acada 525 megavatios do reparto eólico, dos que non desenvolverá nin 200
Prodúcese unha explosión tamén no Metro de Bruxelas, nunha estación próxima ás institucións da UE, no barrio europeo, segundo informa a axencia Reuters
Cancelan todos os voos con orixe ou destino no aeroporto de Bruxelas por mor das explosións desta mañá.
A prensa belga dá por confirmada unha persoa morta no aeroporto de Bruxelas, se ben outras fontes elevan xa a cifra a 11 persoas falecidas.
O líder do PP catalán censura que un cadriño humorístico de 'El Periódico' ironice con que os franquistas son na actualidade "liberais de centro dereita"
Un voceiro policial apunta que varias persoas morreron no aeroporto de Bruxelas por mor das explosións. Cítao a NBC.
Confirman a existencia de varias persoas feridas no aeroporto de Bruxelas. A xornalista Anna Ahronheim e Conflict News están a contalo en directo