A xornalista galega Yessi Bello, candidata ao premio á mellor reporteira no eido tecnolóxico nos Inclusive Tech Alliance Awards 2019. Bello é xornalista en The Next Web, un portal de tecnoloxía ligado ao Financial Times e é experta en criptomoedas, tema que abordou o pasado xullo no podcast Té con Gotas, que podes volver escoitar nesta ligazón
Fálase
Falece Ascensión Mendieta, impulsora xunto ao galego Darío Rivas da querela arxentina contra o franquismo. Ascensión tornou en emblema da loita pola memoria histórica para lograr recuperar os restos mortais do seu pai, asasinado polos franquistas. (Imaxe remitida pola familia de Ascensión Mendieta tras o falecemento de Darío Rivas, o pasado abril)
Albert Rivera propón agora ao PP unha abstención conxunta na investidura de Pedro Sánchez se o PSOE cumpre condicións como renunciar ao Goberno de Navarra, avanzar cara á aplicación do artigo 155 da Constitución a Catalunya ou "reverter" eventuais subas de impostos. Sánchez desbótao e pide a C's unha "abstención técnica". Está a contalo eldiario.es
Asasinadas en Valga tres mulleres dunha mesma familia. As forzas de seguridade abórdano como un posible caso de violencia machista, segundo adianta a Radio Galega. A información en actualización, neste espazo de Praza.gal
O Partido Socialista afronta as eleccións portuguesas de outubro cunha vantaxe de 16 puntos sobre o PSD, segunda forza, segundo un inquérito que publica o Jornal de Notícias. Segundo esta sondaxe, a principal formación do centro-dereita non aproveitaría a lixeira caída dos de António Costa que prognostican as sondaxes.
O vicepresidente, Alfonso Rueda, asume a xestión ordinaria da Presidencia da Xunta ata que Feijóo regrese da viaxe oficial á Arxentina que iniciou este domingo. O DOG publica este luns o decreto de substitución
O Celta cae por 0-2 ante o Granada nun partido marcado polas expulsións de Jorge Sáenz e Fran Beltrán na primeira media hora do encontro. (Imaxe: RC Celta)
O persoal dedicado ao marisqueo a pé en Galicia reduciuse un 41% no que vai de século. Son datos da Consellería do Mar que recolle La Opinión de A Coruña
A selección española proclámase campioa do mundo de baloncesto tras vencer 75-95 na final á Arxentina. O bronce foi para Francia, que se impuxo por 67-59 a Australia no partido polo terceiro posto. (Imaxe: FIBA)
A proximidade e o idioma impulsan a familias residentes en vilas da raia a levar os fillos e fillas a escolas infantís da vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira. É unha reportaxe do xornal O Minho. Dende a constitución da súa eurocidade Tomiño e Cerveira comparten múltiplas iniciativas, entre elas diversas actividades educativas.