Rajoy crea un Departamento de Seguridade Nacional na Moncloa para apoialo en situacións de crise. Cóntao El País.
Fálase
O Banco de España pide que se baixen os salarios para evitar destruír emprego. No seu último boletín económico, espera que a reforma laboral "suavice" o impacto da recesión.
A Bolsa italiana suspende varios valores bancarios ante a súa forte caída.
Xa son catro os mortos polo grave incendio no Empordà. Un cidadán francés, que sufría graves queimaduras, faleceu por mor dun lume que segue "descontrolado" e xa queimou 9.000 hectáreas.
O PIB de España caeu un 0,4% no segundo trimestre do ano, segundo o último boletín do Banco de España.
O PP perde nove puntos desde o 20-N, mentres IU sobe un 5% e UPyD un 3%. O PSOE tan só gaña oito décimas, segundo unha enquisa publicada en El Mundo.
Castellano non descarta "emprender accións xudiciais no tema das indemnizacións", que é un caso "que non está pechado". Nunha entrevista en Cinco Días, asegura que a liquidación de Novagalicia sería "a peor das solucións".
Desde mañá está en vigor a nova Lei de Montes que, entre outros aspectos, reduce a faixa de protección contra incendios arredor das vivendas.
A prima de risco amence desbocada e xa sobrepasou os 640 puntos básicos no inicio da xornada. A rendibilidade dos bonos españois supera o 7%.
Unha vintena de alcaldes galegos subiron o seu propio soldo en plena crise. Cóntao El País.