O PIB de España caeu un 0,4% no segundo trimestre do ano, segundo o último boletín do Banco de España.
Fálase
O PP perde nove puntos desde o 20-N, mentres IU sobe un 5% e UPyD un 3%. O PSOE tan só gaña oito décimas, segundo unha enquisa publicada en El Mundo.
Castellano non descarta "emprender accións xudiciais no tema das indemnizacións", que é un caso "que non está pechado". Nunha entrevista en Cinco Días, asegura que a liquidación de Novagalicia sería "a peor das solucións".
Desde mañá está en vigor a nova Lei de Montes que, entre outros aspectos, reduce a faixa de protección contra incendios arredor das vivendas.
A prima de risco amence desbocada e xa sobrepasou os 640 puntos básicos no inicio da xornada. A rendibilidade dos bonos españois supera o 7%.
Unha vintena de alcaldes galegos subiron o seu propio soldo en plena crise. Cóntao El País.
Os durísimos incendios que están a sufrir varias comarcas do norte de Catalunya levan hoxe boa parte das portadas dos diarios impresos. Comparten espazo coa incerteza sobre as finanzas dalgunhas autonomías, como en El País, ou coa política, como en El Mundo, que ofrece unha enquisa de intención de voto.
Falecen tres persoas no incendio do Empordà, que xa obrigou a confinar nove vilas e a cortar estradas e a circulación do AVE. A Generalitat recoñece que o lume está "totalmente descontrolado". Hai tamén doce feridos.
Un incendio descontrolado en La Jonquera (Girona) queimou xa 1.000 hectáreas e provocou dous feridos. O lume obrigou a cortar seis estradas. Imaxe de @Marina_Loppez.
O PP suxire unha conspiración de Alemaña contra España para xustificar o ataque dos mercados. Cóntao Público.