Bruxelas leva a España ante a xustiza polas cláusulas abusivas da banca. A Comisión repróchalle que non aprobara aínda a reforma hipotecaria.
Fálase
Unidos Podemos e as súas confluencias anuncian que promoverán unha moción de censura contra Mariano Rajoy por mor dos últimos casos de corrupción. Así o veñen de anunciar nunha rolda de prensa no Congreso, na que avanzan o inicio de "xuntanzas" con outras forzas. A "excepcionalidade" fai necesario "sacar o PP do goberno" e "presentar unha alternativa", manteñen.
O paro aumentou en case 13.000 persoas en Galicia no primeiro trimestre, son 10.400 menos que hai un ano. No mesmo período o país perdeu 16.000 empregos, se ben a Enquisa de Poboación Activa reflicte 12.500 máis que no mesmo trimestre de 2016. A suba trimestral do desemprego no conxunto do Estado é de 17.200 persoas. Toda a información, esta mañá en Praza.gal.
A dirección do PP coñecía dende 2014 a existencia dunha conta en Suíza do do ex-presidente de Madrid, Ignacio González. Recólleo eldiario.es
Comeza o prazo de solicitude das axudas para cultivos afectados pola couza da pataca. O seu importe é de ata 70 céntimos por quilo. Recólleo Faro de Vigo
O alcalde do Porto ratifica a súa intención de implantar unha taxa turística se é reelixido. "Deve ser utilizada para mitigar a pegada turística" e "garantir que os moradores do Porto têm acesso à habitação a preço decente" na zona histórica, explica Rui Moreira nunha entrevista co xornal Público, na que especifica que non a aprobou xa no actual mandato "porque não estava no meu programa eleitoral". A Xunta considerou o pasado marzo que esa taxa "non interesa" para Galicia.
O xefe de Anticorrupción pide ao fiscal que investiga a presunta corrupción do PP en Madrid que renuncie á súa praza e el négase. Está a contalo eldiario.es
O Concello de Vilagarcía córtalle a auga e a luz a un circo que pretencía instalarse na vila e alude ao acordo da xunta de goberno para vetar a presenza desta instalación con animais.
Hoxe cúmprense 80 anos do bombardeo de Gernika. O Goberno vasco contara máis de 1.600 mortos nunha poboación de 7.000. eldiario.es dedícalle unha reportaxe.
O xuíz envía a Pujol Ferrusola á cadea por branquear cartos até a actualidade. O primoxénito do ex-president da Generalitat é o primeiro membro do clan que entrará no cárcere por corrupción.