Hoxe cúmprense 80 anos do bombardeo de Gernika. O Goberno vasco contara máis de 1.600 mortos nunha poboación de 7.000. eldiario.es dedícalle unha reportaxe.

Hoxe cúmprense 80 anos do bombardeo de Gernika. O Goberno vasco contara máis de 1.600 mortos nunha poboación de 7.000. eldiario.es dedícalle unha reportaxe.
O xuíz envía a Pujol Ferrusola á cadea por branquear cartos até a actualidade. O primoxénito do ex-president da Generalitat é o primeiro membro do clan que entrará no cárcere por corrupción.
A Fiscalía pide oito anos para o funcionario implicado no 'enchufe' da cuñada de Carmela Silva. Acusa este empregado municipal e o xerente dunha concesionaria de prevaricación, malversación e falsidade documental.
ÚLTIMA HORA | Dous mariñeiros mortos e un desaparecido ao afundir un pesqueiro na ría de Pontevedra. O Nuevo Marco colidiu contra unhas bateas.
O Norte de Portugal, protagonista das celebracións do 25 de abril con persoeiros vinculados a Galicia. O presidente da República, Rebelo de Sousa, condecorou o arquitecto Álvaro Siza, de Matosinhos e con numerosa obra en Galicia; e a título póstumo a António Ferreira Gomes, bispo do Porto crítico co ditador Salazar exiliado en Vigo e Santiago. Tamén distinguiu a Francisco Sá Carneiro, primeiro ministro nado no Porto e falecido en accidente de aviación.
Así mudaron os nomes das rúas de Lisboa tras a Revolução dos Cravos. O xornal Público lembra o proceso de remuda nunha reportaxe publicada este 25 de abril.
A Xunta dá por controlado o incendio de Sober e estima a superficie queimada nunhas 130 hectáreas, 90 delas de monte arborizado. (Imaxe tomada por brigadistas da Brif Laza).
Así se vían Galicia e Portugal na mañá deste martes dende a Estación Espacial Internacional. A imaxe foi publicada en Twitter polo astronauta francés Thomas Pesquet para "celebrar" a Revolução dos Cravos e "a súa mensaxe democrática". Pesquet amosou tamén varias fotografías da cidade de Lisboa (preme na imaxe para ampliala).
O delegado da Xunta en Lugo reacciona ante os últimos incendios constatando que "o monte non arde por casualidade". "Todos os estudos así o demostran", indica José Manuel Balseiro, que en declaracións recollidas por El Progreso indicou que "todo apunta" a que incendios como o sufrido por Sober dende a pasada fin de semana son "provocados".
Arquivada a imputación contra o director de La Razón e o presidente da empresa editora do xornal. Marhuenda e Casals foran citados como investigados a pasada semana por coaccións á presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes.