Así mudaron os nomes das rúas de Lisboa tras a Revolução dos Cravos. O xornal Público lembra o proceso de remuda nunha reportaxe publicada este 25 de abril.

Así mudaron os nomes das rúas de Lisboa tras a Revolução dos Cravos. O xornal Público lembra o proceso de remuda nunha reportaxe publicada este 25 de abril.
A Xunta dá por controlado o incendio de Sober e estima a superficie queimada nunhas 130 hectáreas, 90 delas de monte arborizado. (Imaxe tomada por brigadistas da Brif Laza).
Así se vían Galicia e Portugal na mañá deste martes dende a Estación Espacial Internacional. A imaxe foi publicada en Twitter polo astronauta francés Thomas Pesquet para "celebrar" a Revolução dos Cravos e "a súa mensaxe democrática". Pesquet amosou tamén varias fotografías da cidade de Lisboa (preme na imaxe para ampliala).
O delegado da Xunta en Lugo reacciona ante os últimos incendios constatando que "o monte non arde por casualidade". "Todos os estudos así o demostran", indica José Manuel Balseiro, que en declaracións recollidas por El Progreso indicou que "todo apunta" a que incendios como o sufrido por Sober dende a pasada fin de semana son "provocados".
Arquivada a imputación contra o director de La Razón e o presidente da empresa editora do xornal. Marhuenda e Casals foran citados como investigados a pasada semana por coaccións á presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes.
Arquivada a denuncia da editora do xornal 'El Correo Gallego' contra o alcalde de Santiago. A empresa demandaba a inhabilitación de Martiño Noriega por referirse en Facebook ás súas débedas. Contra esta resolución non cabe recurso. Cóntao eldiario.es
Zapatero cre que Catalunya ataca a Susana Díaz por ser andaluza e muller. O ex-presidente do Goberno central pide acabar cos "prexuízos" contra a presidenta da Junta de Andalucía.
O Concello da Coruña denega á Xunta a apertura da sede xudicial en Tabacos porque a reforma incumpre a licenza. Xustiza deberá presentar o proxecto reformado para obter o permiso de primeira ocupación.
O xuíz tivo que colocar un micrófono no despacho de Ignacio González ante as "filtracións" que recibía e a "especial gravidade" dos delitos investigados. Cóntao a Cadena SER.
A Fiscalía encausa a delegada do Goberno en Madrid por fraude. Deuncia a Dancausa, o irmán de Ignació González e outros 14 cargos públicos por unha ruinosa operación en Mercamadrid.