Arquivada a imputación contra o director de La Razón e o presidente da empresa editora do xornal. Marhuenda e Casals foran citados como investigados a pasada semana por coaccións á presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes.
Fálase
Arquivada a denuncia da editora do xornal 'El Correo Gallego' contra o alcalde de Santiago. A empresa demandaba a inhabilitación de Martiño Noriega por referirse en Facebook ás súas débedas. Contra esta resolución non cabe recurso. Cóntao eldiario.es
Zapatero cre que Catalunya ataca a Susana Díaz por ser andaluza e muller. O ex-presidente do Goberno central pide acabar cos "prexuízos" contra a presidenta da Junta de Andalucía.
O Concello da Coruña denega á Xunta a apertura da sede xudicial en Tabacos porque a reforma incumpre a licenza. Xustiza deberá presentar o proxecto reformado para obter o permiso de primeira ocupación.
O xuíz tivo que colocar un micrófono no despacho de Ignacio González ante as "filtracións" que recibía e a "especial gravidade" dos delitos investigados. Cóntao a Cadena SER.
A Fiscalía encausa a delegada do Goberno en Madrid por fraude. Deuncia a Dancausa, o irmán de Ignació González e outros 14 cargos públicos por unha ruinosa operación en Mercamadrid.
VÍDEO | O incendio de Sober queimou xa unhas 120 hectáreas de monte, segundo as últimas estimacións de Medio Rural, que dá o lume por "estabilizado", pero non aínda por controlado. Nos últimos días arderon máis de 1.100 hectáreas en Galicia. Imaxes do incendio tomadas por brigadistas da Brif de Laza.
O xuíz investiga a Villar Mir e Eduardo Zaplana na operación Lezo. O empresario dono de OHL e Ferroatlántica xa fora investigado polos papeis de Bárcenas. O maxistrado pide agora datos sobre ambos, se ben non están formalmente imputados polo momento.
Falece Mariví Villaverde. A escritora, exiliada tres veces pola persecución franquista, morreu este domingo. Era filla do primeiro alcalde republicano de Vilagarcía e deputado, Elpidio Villaverde, e viúva do activista Ramón de Valenzuela. Foi Republicana de Honra pola CRMH da Coruña en 2012.
Activo un novo incendio, desta vez en Sober, que afecta xa 100 hectáreas. Van máis de 1.100 hectáreas queimadas en Galicia desde o pasado mércores.