Mai Balaguer, directora do programa Bestiari Il·lustrat, do Canal 33, dimite despois da polémica xerada pola emisión dun video no que se utilizaban caricaturas de personaxes coma o rei Juan Carlos, o príncipe Carlos de Inglaterra ou o escritor Salvador Sostres para practicar o tiro ao branco.
Fálase
O rei, a Rajoy: "díxenlle ao pobre Wert que está moi mal o que fixo", en referencia ao plan do ministro de Educación para "españolizar" o alumnado catalán. En El País.
Alternativa recolle o apoio de Syriza e da Front de Gauche nun concorrido mitin na Coruña no que Beiras advertiu do "exterminio" ao que o PP somete á cultura galega. Máis información, esta tarde en Praza.
Ao redor de seis mil persoas participan en Barcelona na marcha antiindependentista convocada pola plataforma D'Espanya i catalans. Á manifestación asistiu a líder do PP en Catalunya, Alícia Sánchez-Camacho.
A Xunta dá hoxe por rematado o período de alto risco de incendios. Dende mañá pódense solicitar de novo permisos para queimas controladas.
A UE gana o Premio Nobel da Paz. Adiantouno unha canle de televisión norueguesa. A concesión deste galardón xa fora polémica en 2009, cando recaeu no presidente estadounidense, Barack Obama. O xurado xustifícao pola "contribución histórica" da Unión á paz.
La Región contesta a Feijoo e afirma que o candidato do PP "mentiu" cando afirmou que o xornal non publicara un comunicado remitido polo gabinete de prensa do Sergas
Jorquera afirma nun mitin en Compostela que o 21-0 toca dicir “good bye” a un "Feijóo mentirán"
Feijóo anuncia nun mitin en Foz que Alcoa seguirá pagando a mesma tarifa eléctrica que agora
Faro de Vigo lembra a Cameselle, o histórico fotoxornalista do diario, que xunto con Magar é o testemuño gráfico da segunda metade do século XX na cidade.