Feijóo anuncia nun mitin en Foz que Alcoa seguirá pagando a mesma tarifa eléctrica que agora
Fálase
Faro de Vigo lembra a Cameselle, o histórico fotoxornalista do diario, que xunto con Magar é o testemuño gráfico da segunda metade do século XX na cidade.
Os candidatos a vicepresidente Joe Biden e Paul Ryan prtagonizan un intenso debate no que o demócrata dominou e se amosou moi agresivo nun intento de recuperar a vantaxe perdida despois do mal primeiro debate de Obama.
Rajoy baralla cambiar o indicador para revalorizar as pensións e utilizar o IPC a impostos constantes, que non ten en conta o impacto da suba do IVE. Con este indicador, a suba de prezos limitaríase ao 1,4% en setembro polo que o Goberno tería que pagar 4.200 míllóns menos en pensíóns.
Compromiso por Galicia celebrou mitin en Lugo coa presenza dos seus principais candidatos por esta provincia e tamén de Xoán Bascuas.
O BNG comprométese a crear o Parque Natural do Monte Pindo. Ana Pontón e Modesto Fraga reunironse con representantes de Monte Pindo Parque Natural.
As anpas galegas únense á folga do vindeiro día 18. Animan os pais a non levar os seus fillos á escola para protestar pola reforma educativa aprobada polo Goberno.
Os deputados alemáns, "impresionados" coa variedade e solidez de argumentos do 15M. Parlamentarios xermanos reuníronse con representantes de diversos colectivos sociais. Cóntao El Diario.
O director da Guardia Civil e ex delegado do Goberno central en Galicia, Arsenio Fernández de Mesa, apela con énfase á "unidade de España" durante os actos do Día do Pilar que celebra o Instituto Armado.
#eleccións21O O Goberno central destina 3,6 millóns de euros do seu fondo de continxencia a sufragar parte dos gastos das eleccións galegas. Decidiuno hoxe o Consello de Ministros.