Rajoy baralla cambiar o indicador para revalorizar as pensións e utilizar o IPC a impostos constantes, que non ten en conta o impacto da suba do IVE. Con este indicador, a suba de prezos limitaríase ao 1,4% en setembro polo que o Goberno tería que pagar 4.200 míllóns menos en pensíóns.
Fálase
Compromiso por Galicia celebrou mitin en Lugo coa presenza dos seus principais candidatos por esta provincia e tamén de Xoán Bascuas.
O BNG comprométese a crear o Parque Natural do Monte Pindo. Ana Pontón e Modesto Fraga reunironse con representantes de Monte Pindo Parque Natural.
As anpas galegas únense á folga do vindeiro día 18. Animan os pais a non levar os seus fillos á escola para protestar pola reforma educativa aprobada polo Goberno.
Os deputados alemáns, "impresionados" coa variedade e solidez de argumentos do 15M. Parlamentarios xermanos reuníronse con representantes de diversos colectivos sociais. Cóntao El Diario.
O director da Guardia Civil e ex delegado do Goberno central en Galicia, Arsenio Fernández de Mesa, apela con énfase á "unidade de España" durante os actos do Día do Pilar que celebra o Instituto Armado.
#eleccións21O O Goberno central destina 3,6 millóns de euros do seu fondo de continxencia a sufragar parte dos gastos das eleccións galegas. Decidiuno hoxe o Consello de Ministros.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia lanza a campaña Quen nos dera ser automóbiles. Denuncian que fronte aos recorte no gasto social a Xunta gastará 11 millóns para patrocinar dous furgóns de Citroën ou que a industria da automoción "rabuña" 75 millóns do goberno central para axudas directas á compra de automóbiles no marco do plan PIVE.
O Consello de Ministros aproba a cadea perpetua revisable, que fora presentada hai unhas semanas por Alberto Ruiz Gallardón. Non realiza cambios de base no dereito de manifestación pero introduce unha penas dun ano de prisión para aquelas persoas que convoquen por Internet un acto de protesta que remate con violencia.
Alternativa Galega de Esquerda celebrará este venres na Coruña un acto no que participarán José Cordón (Front de Gauche), Stavros Karagkounis (Syriza) e Willy Meyer (IU), ademais de Xosé Manuel Beiras e Yolanda Diaz. Será as 12 no Palacio da Ópera.