A capela ardente de Neira Vilas abriu de novo esta mañá no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval. Permanecerá aberta ata as 16.30 horas e o enterro terá lugar no seu Gres natal ás 17.30. Ás 12 horas, Luis Reimóndez, en nome da familia e da Fundación Neira Vilas, e Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, dedicaranlle unhas palabras de homenaxe.
