A Policía identifica as persoas concentradas esta mañá ante os xulgados de Santiago en solidariedade cos acusados por se manifestaren contra a marcha de Galicia Bilingüe en 2009. (foto: @Onosolar).
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/537af581e0449-bod9a-6icaaw3jr.jpg)
A Policía identifica as persoas concentradas esta mañá ante os xulgados de Santiago en solidariedade cos acusados por se manifestaren contra a marcha de Galicia Bilingüe en 2009. (foto: @Onosolar).
#europeas2014 - Axenda de campaña
O embaixador de Israel en España asegura que "non declarou inimiga a Galicia" e atribúe a polémica suscitada pola carta que lle enviou a Pilar Rojo aos "titulares sobre este asunto aparecidos nalgúns medios dixitais", que "pouco teñen que ver co contido real da carta". Pódese ler o comunicado na web da embaixada israelí.
O PP galego carga nun argumentario interno contra o xuíz que xulgou os edís de Santiago. Os conservadores recoméndanlles aos seus cargos dicir que o proceso ten "carga política". Cóntao El País.
O xuízo aos sete edís de Santiago por presunta prevaricación ocupa este martes as primeiras páxinas dos principais diarios impresos galegos.
Ao redor dun cento de nais e pais do alumnado do CPI Viaño Pequeno, de Trazo, manifestáronse en demanda dun cambio no horario das clases, vestidos con pixamas, e denunciando que "só nos falta durmir aquí".
Visto para sentenza o xuízo contra sete edís de Santiago por presunta prevaricación. Toda a información, esta tarde en Praza.
Case 50 mil familias españolas perderon a súa casa en 2013, un 11% máis que o ano anterior, segundo os datos que publicou este luns o Banco de España. Máis da metade dos casos foron desafiuzamentos (28.173, un 18% máis que en 2012).
O PP gañaría por pouco as eleccións europeas, pero populares e socialistas perderían 10 escanos, segundo unha enquisa para eldiario.es. A Esquerda Plural acadaría 6 representantes, a coalición BNG-Bildu 1 representante e CEU, onde se inclúe CxG, 2.
Remata a declaración dos sete edís de Santiago imputados no xuízo por presunta prevaricación, que defenden a legalidade de pagarlle o avogado a un implicado na Pokémon e descargan a responsabilodade na "redacción" do acordo. Toda a información, hoxe en Praza.