José Manuel Caballero Bonald faise co premio Cervantes. Darío Villanueva, secretario da RAE, salientou quu "foi evolucionando cara a unha novela que nunca renunciou á poesía da palabra, é un fabulador de historias e un mestre no uso do idioma"

José Manuel Caballero Bonald faise co premio Cervantes. Darío Villanueva, secretario da RAE, salientou quu "foi evolucionando cara a unha novela que nunca renunciou á poesía da palabra, é un fabulador de historias e un mestre no uso do idioma"
A OCDE pide a España un contrato único, abaratar o despido, cambios no IVE e rebaixa nas cotizacións. Cóntao El Diario.
Pachi Vázquez pide que se fale "da Galicia real": a do paro, a que emigra, a dos pequenos comercios que pechan e que se lle ofreza algo máis que "resignación". Di que Feijoo "non reduce o gasto" e que o único cambio é que os medicamentos en vez de pagalos o Estado os pagan os pensionistas #investidura
Pachi Vázquez anuncia que pedirá a comparecencia de Feijoo na comisión de investigación das caixas "para que lle diga aos todos os galegos o que lles dixo a algún medio de comunicación". Pide ademais "solucións" para os aforradores que foron estafados coas preferentes e para os desafiuzados e que non se agarde sen máis á anunciada fin da crise económica en 2015. Demanda que a Xunta deixe de traballar cos bancos que expulsen a xente das súas casas #investidura
Pachi Vázquez acusa a Feijoo de alterar a realidade das contas públicas galegas e de non pagar os proveedores. Tamén pon en dúbida as previsións económicas de Galicia e España #investidura
Pachi Vázquez comeza o seu discurso cun ton máis conciliador que Jorquera e Beiras pero deseguida acusa a Feijoo de ocultar a realidade pola súa optimista visión do momento que vive Galicia. O debate pódese seguir aqui. #investidura
Beiras finaliza a súa intervención advertindolle a Feijoo que loitarán contra el dentro da cámara "para evitar que a convirta nunha cámara de gas" e fóra dela para axudar á construción dunha "rebelión civica" #investidura
Beiras dille a Feijoo, a quen se refire como "señor Núñez", que "ainda se gaba vostede de Galicia paga" e engade "a quen paga? Aos parados?" #investidura
Beiras critica a lei de caixas impulsada polo PP "que agora xa non ten caixas sobre as que aplicarse". E denuncia a "falsa" ladaiña de que "non hai cartos": "hai máis cartos que nunca pero están en mans dos delicuentes potentados" #investidura
Beiras alerta de que Galicia está a vivir un "expolio" en todos os ambitos con múltiples "veas abertas": dende os recursos naturais até o patrimonio cultural ou a produción económica e investigadora. Dille a Feijoo que "os decapitadores de Cuíña o enviaron a vostede" #investidura