Beiras di que Rajoy "é un delincuente en termos morais e éticos" e cre que "debería estar inhabilitado para ser presidente".
Fálase
O Lugo cae en Alcorcón (2-1) malia empezar gañando e completa a maldición do fútbol galego nesta xornada. Celta e Deportivo tamén viron como Rayo e Zaragoza lles remontaban o partido.
Merkel visita Portugal este luns en plena crise. Un cento de intelectuais e artistas lusos asinan unha carta declarando "persoa non grata" a chanceler, criticando a súa actitude en Europa e a súa intromisión na política do país.
Otegi, sancionado con doce días de illamento na cadea polo discurso gravado desde a prisión. O expediente di que incorreu nunha falta moi grave.
Juan Luis Cebrián explica o ERE en El País nun artigo. O presidente do Grupo Prisa asegura que "o doloroso axuste do cadro de persoal débese á crise e ao radical cambio no sector".
CiU roza a maioría absoluta en Catalunya, segundo unha enquisa de La Vanguardia que sitúa a PP, PSC e ERC igualados na loita por ser a segunda forza.
García-Margallo asegura que "nin un só país da UE aceptaría a independencia de Catalunya". O ministro de Asuntos Exteriores advirte que o país estaría "fóra do mercado interior, suxeito a aranceis, fóra das políticas estruturais e da política agraria común".
O Obradoiro perdo no Sar ante o UCAM Murcia (69-73) logo de non completar a remontada.
O Deportivo tamén perde logo de adiantarse 0-2 en Zaragoza. Os coruñeses saíron goleados (5-3) tras quedar con dez xogadores por expulsión de Pizzi.
O Celta cae en Vallecas (3-2) malia adiantarse 0-2 con goles de Iago Aspas. O Rayo remontou logo de que os vigueses quedaran con dez tras a expulsión de Cabral.