#consellodaxunta O Goberno galego aproba a primeira norma común para todos os concellos en materia de saneamento e depuración de augas
Fálase
Ex militantes do PSdeG únense a Compromiso por Galicia. O colectivo Unidade da Esquerda Galega formará parte da coalición, na que xa están integrados Máis Galiza, Ecosocialistas e Acción Galega. Máis información, esta tarde en Praza.
Agustín Fernández Paz, doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, proposto pola unanimidade do Departamento de Filoloxía Galega e Latina
Carlos Dívar dimite como presidente do Poder Xudicial, segundo adianta Europa Press. É o primeiro presidente que abandona o seu cargo.
A Mesa pola Normalización Lingüística amosa a dilixencia empregada por unha xuíza de Vigo para rexeitar unha demanda por estar redactada en galego (premer para ampliar o documento)
O deputado do PPdeG Jacobo Moreira critica que o PSdeG presente no Parlamento de Galicia unha iniciativa contra as posibles novas taxas xudiciais. Durante o debate, esta mañá, instou os socialistas a "non distorsionar desde comunidades autónomas" algo que debe tratarse no Congreso dos Deputados. "Este non é o foro para tratar un asunto de calado nacional", engade.
Julio Anguita ofrécese como referente "dunha fronte cívica interclasista", pero asegura que el non será candidato. Asegura estar elaborando unha proposta concreta, que publicará esta fin de semana no blog do Colectivo Prometeo, no que participa.
Ás 11:30 preséntase na libraría Couceiro de Compostela LEGA, a plataforma de recursos dixitais de lecer en galego desenvolvida por GalegoLab
A aspirina, o Almax e o paracetamol deixarán de recetarse para aforrar, polo que os cidadáns terán que pagar o seu importe completo. O Estado financiaba o 60% do prezo destas menciñas comúns.
María Xosé Porteiro presenta este xoves en Vigo o seu libro Vine, Ví… Hablé! Las mujeres frente al discurso público. O ensaio analiza as dificultades e os éxitos das mulleres fronte ao discurso público ao longo da historia. Será ás oito da tarde na Casa do Libro.