Obama explicará esta noite a súa iniciativa para regularizar a situación de cinco millóns de persoas que viven nos Estados Unidos sen documentación dende hai cando menos cinco anos. Farao en solitario, sen o apoio das cámaras, dominadas polos republicanos. A medida non se estenderá aos pais e nais destes inmigrantes nin aos traballadores agrícolas e tampouco recibirán cobertura sanitaria.
Fálase
Ourense en Común preséntase hoxe nun acto público. O espazo de confluencia aspira a gañar as eleccións e definese como "ferramenta da cidadanía para xerar unha tranformación radical no Concello".
A corrente interna crítica do PSC formará un novo partido. Dous ex consellers que abandonaron o socialismo catalán acadan un acordo coa formación fundada por Ernest Maragall.
Costa Rica prohíbe por lei que o país participe en guerra ningunha. O Parlamento aproba a neutralidade dun Estado que non ten exército.
Facenda reclama a Dorribo dous millóns de euros por dúas declaracións da renda. A Axencia Tributaria deixou de ingresar uns 465.000 euros.
As horas traballadas ilegalmente no Estado equivalen a máis de 273.000 empregos. No terceiro trimestre, 1,32 millóns de traballadores fixeron dez millóns de horas ilegais cada semana.
Marea Ártabra insta a BNG e Podemos a crear unha "candidatura unitaria" en Ferrol. A plataforma insiste en "sumar forzas" para crear unha lista que "sexa quen de gañar" a alcaldía.
O Tribunal Constitucional suspende a lei catalá que prohibía o fracking. Admite o recurso que presentara o Goberno español contra a normativa do Govern.
A cúpula dos fiscais apoia a querela contra Artur Mas polo 9N. A xunta de fiscais de sala apoia a Torres-Dulce para se querelar contra o presidnete da Generalitat, a vicepresidente e a conselleira de Educación.
O Festival de Cine Internacional de Ourense entregou os premios do seu V Certame OUFFescola, que premia os mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. Persoas, do IES Cacheiras e Troco, do CEIP San Xoan de Filgueiras, gañadores en secundaria e primaria. Participaron 76 filmes, nos que traballaron máis de dous mil rapaces e rapazas.